O PP analiza en Vilalba “o ataque directo” do Goberno á estrutura industrial da provincia

Os populares analizaron en Vilalba “o ataque directo” do Goberno á estrutura industrial da provincia. Foi durante o encontro mantido esta mañá con empresarios dos sectores servizos, enerxético e agrogandeiro, celebrado na localidade chairega e no que participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a
presidenta provincial, Elena Candia, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez, ademais doutros cargos orgánicos do PP como José Manuel Balseiro ou o voceiro local, Agustín Baamonde.

Na súa intervención, José Manuel Barreiro e Elena Candia lamentaron que, na situación económica e política actual, palabras como “incertidume estean permanentemente asociadas á industria e ao emprego”. Referíronse así á grave situación que atravesan empresas tan importantes para Lugo e esta comarca, como son Endesa e Alcoa San Cibrao.

Os populares trasladaron aos asistentes que as ameazas de peche están motivadas pola inacción do Goberno; algo que non entenden, sobre todo, cando hoxe o propio presidente de Alcoa manifestada nun medio de comunicación que o aluminio é un produto de futuro ou que, no marco da estrutura de custes, é responsabilidade do Executivo Central axustar o prezo do quilovatio.

En canto á Endesa, advertiu Barreiro, “non hai acción correctora do Goberno”, e cualifica a resposta dos socialistas para xustificar a situación, culpando á empresa de falsear as contas, “de escusas de mal pagador”. “Non estamos en contra da descarbonización. Se o horizonte e o 2030, por que temos que ser nos os primeiros en pechar as térmicas cando temos menos capacidade que outros países como Francia ou Alemaña?”, preguntouse.

Francisco Conde tamén se manifestou moi crítico coa xestión do Partido Socialista ao respecto das electrointensivas, indicando que “queren ter a medalla de ser os primeiros en pechalas”. Pola contra, apuntou que o Partido Popular está cos traballadores e coa industria, mentres que o Goberno socialista incumpriu todos os seus compromisos enerxéticos con Galicia. E por iso, apuntou, “desde o Partido Popular seguiremos defendendo a nosa industria, o noso emprego e unha transición enerxética xusta e ordenada”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com