" />

O PP consegue aprobar un novo regulamento orgánico que potencia as competencias do pleno da Deputación

O Grupo Provincial do PP conseguiu hoxe aprobar un novo regulamento orgánico que viñan pedindo desde o ano 2015 e que potencias as competencias do Pleno da Deputación de Lugo. Os cambios que recolle o texto favorecen a transparencia da institución, pese a que o PSOE leva evitando o debate desta iniciativa desde hai tres anos.

A partir de agora o control da institución será maior por parte do Pleno, unha medida que os populares consideran acertada tendo en conta a composición dun Goberno en evidente minoría que desatende por sistema os acordos que toma a Corporación.

O texto íntegro que se aprobou hoxe xa foi informado en marzo de 2017 favorablemente incluso cun informe do secretario daquel momento no que aplaudía a nova redacción e aconsellaba actualizar o texto. A voceira do PP, Elena Candia, lamentou que todo este tempo o PSOE “fuxira do consenso” e non convocara aos grupos a traballar sobre esta proposta, cando xa foi presentada no ano 2015. De feito os populares presentaron esta moción por urxencia porque “de maneira reiterada, consciente e intencionada evitaron o debate e chegar a consenso”.

Na súa intervención a popular acusou ao secretario xeral do PSOE, Álvaro Santos, de ser o responsable da inestabilidade na institución, posto que “cada vez que nos sentamos cos membros do seu Goberno chegamos a máis acordos que desacordos, encontros dos que el fuxe”.

O PP elevou ao Pleno un texto que pretende defender os dereitos dos deputados, limitar que se imposibiliten os debates ou as interpretacións intencionadas para que as propostas non prosperen, axustándose ás leis en vigor e reforzando o papel do pleno.

A voceira do PP lamentou que nin PSOE nin BNG fixeran achegas desde o ano 2015, que non se cambiou nin unha coma. “É o noso regulamento por acción e tamén o seu por omisión porque tempo tiveron para chegar a consensos. Non están lexitimados para cuestionalo”, explicou. O Grupo Provincial do PP reivindicou a importancia de que se escoite aos grupos da oposición e de que o que se acorde no pleno se execute.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo