O PP considera “surrealista” que o Concello ciña a promoción de Lugo “ao que fagan os lucenses”

O PP acusa á responsable de turismo de “renunciar á promoción de Lugo en Fitur” e afirma que as respostas “desoladoras” que lles deron na Comisión de Cultura, que se celebrou hoxe, supoñen un “recoñecemento explícito” de que a estadía nesta feira de turismo da representación oficial do Concello foi un “paripé, só foron a pasearse e a queixarse dos pinchos”.

Beatriz Vázquez manifestou que “lamentablemente se confirman as nosas sospeitas: non se fixo ningún contacto nin a través das canles tradicionais cos touroperadores dos 140 países presentes nesta feira; tampouco se aproveitaron as novas canles de promoción como son: influencers, youtubers ou blogueiros; nin tampouco se estableceu ningunha reunión con representantes das catro cidades coas que Lugo está irmandado (a portuguesa Viana do Castelo; a chinesa Quinhuangdao; a francesa de Dinán e Ferrol).

Para a popular é unha tomadura de pelo que “a edil responsable de cultura do Concello de Lugo eluda as súas responsabilidades” cando afirma que “en Fitur se xuntaron con calquera que estivese interesado pero que para ela é un orgullo que sexan os lucenses os que promovan o turismo”. Beatriz Vázquez explica que “o soldo que cobra do erario público é para que xestione adecuadamente esta área” criticando que ciña a promoción de Lugo ao que fagan os veciños e veciñas manifestando que “o turismo é algo máis serio. Para falar ben do noso concello non fai falla que nolo diga ninguén”, concluía.

Novas relacionadas

  1. José Manuel González Díaz
    Feb 20, 2020 - 04:11 PM

    Siempre falan os máis cagados, queren tapar os próximos xuizos contra a súa corrupción, tendo que declarar toda a plana maior pepeira. Que falen os do partido que teñen máis imputados qué diputados, manda carallo.

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Feb 20, 2020 - 03:29 PM

    Non se lle poden pedir peras o olmo

    Reply
  3. Luis Díaz
    Feb 20, 2020 - 03:10 PM

    Sí,sí, pa boa promoción turística a da Comunidade Valenciana, a que “organizaba” Zaplana and company nos yates de luxo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com