O PP critica a “caza de bruxas” do goberno para “tapar 20 anos de nefasta política de persoal”

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, criticou  hoxe a destitución da xefa de persoal da administración local e tildou esta decisión do goberno como “unha cortiña de fume para minimizar o caos, de 20 anos de gobernos socialistas, na organización dos traballadores do concello”. Para Carballo “ao bigoberno élle igual que funcionen os servizos o que queren é eludir a súas responsabilidades” preguntándose “se había mala praxis cales foron os motivos polos que non se tomaron medidas antes”.

Os populares interpretan este paso do bigoberno como “unha censura ao PSOE e unha enmenda á totalidade ao proceder de alcaldes e concelleiros socialistas e nacionalistas durante dúas décadas” lembrando que, ata o de agora, a xefa de persoal ocupou cargos de confianza e que foi, precisamente, o padriño político de Lara Méndez, o señor Orozco quen lle outorgou diferentes competencias nomeándoa “coordinadora general de las áreas de Alcaldía, Recursos Humanos y Protección da Comunidade, por un lado, y de la de Servizos Xerais y Participación Cidadá, por otro”. O Grupo Popular puntualiza que a xefa de persoal traballou 2 anos co Partido Popular e 20 anos con alcaldes e concelleiros socialistas.

Ramón Carballo explicou que o Grupo Popular leva anos insistindo no caos organizativo do concello denunciando o fiasco da política de persoal así como o pago de dous directores xerais de recursos humanos que “non corrixiron ningunha situación, se seguiron desmantelando servizos municipais, se seguiron contratando externalizacións innecesarias de prestacións que podían asumir con persoal da casa, e se retrasaron as convocatorias de ofertas públicas”.

Por último, os populares cuestionaron as formas e a actitude “inquisitoria da concelleira de persoal” criticando a súa vez “a pasividade do BNG por permanecer mudo diante desta actuación”. Ramón Carballo recriminou que “polo afán de protagonismo Alvarellos pérdese nas formas á hora de facer pública esta destitución, cunha actitude dictatorial máis propia da inquisición avalada polo co silencio cómplice do BNG”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com