" />

O PP critica a “soberbia” de PSOE e BNG ao non “consensuar os orzamentos”

O Partido Popular asegura que a forma de traballar do PSOE e BNG contradice ao que predican “se lles enche a boca de falar de participación, de sumar todos pero á realidade é que fuxen dos consensos”.

Os populares lamentan a forma de actuar de partidos políticos que se definen como rotundamente progresistas “abriuse un periodo no que se aplica a política do rodillo e amordazan ao grupo político que máis concelleiros ten na corporación”.

O Grupo do Partido Popular coherente cos seus principios anuncia que esta semana presentará ao goberno a súa proposta alternativa de modelo de cidade que baixo o paraguas de “Barrios en Igualdade” onde se recollen unhas 70 intervencións pensando no futuro de Lugo. O voceiro popular matizaba que “moitas delas achegas proceden de
aportacións de veciños e veciñas e outras tantas dos colaboradores do partido nos distintos distritos do municipio”. De feito o PP onte mesmo celebrouse unha mesa de traballo para recoller necesidades e problemáticas que hai nos distintos barrios da cidade”, aclarou Carballo.

O popular explicou que “solicitamos unha partida específica para levar a cabo intervencións estratéxicas que ordenen o espacio público e que contempla diferentes actuacións a executar nos vindeiros catro anos”. Entre estas actuacións, o popular propón orzamentar a actualización do PEPRI ou reservar partidas para facer unha revisión integral do PXOM,entre outras dentro do eido urbanístico.

No tocante á mobilidade, o PP propón iniciar os estudos necesarios para construir un aparcadoiro soterrado na Praza da Constitución, ou novos aparcadoiros disuasorios no entorno do Casco Histórico.

Asemade, os populares consideran necesario incluir nos orzamentos de 2020 unha partida para a creación dunha nova delegación de policía local na zona norte así como reforzos neste corpo de seguridade ou novos medios técnicos.  En materia deportiva, Carballo asegura que, dentro do plan do seu partido, se contemplarían unhas partidas para crear novas instalacións deportivas ou mellorar as xa existentes como pode ser a construción dunha nova piscina cuberta ou a cobertura das pistas de tenis do Palomar.

En canto as propostas do ámbito social solicitan partidas en aspectos relacionados con incentivar o envellecemento activo e saudable dinamizando os centros sociais do Concello cunha oferta equilibrada de servizos, recursos e actividades ou incluir unha partida para introducir a teleasistencia avanzada para a mellora da atención aos maiores a través da xeolocalización e os servizos móviles. Reservar unha partida que favoreza a conciliación na que o Concello se comprometa a aportar 100 € ao mes polo nacemento de un fillo.

Para xestión e servizos reclaman reforzos de partidas para facer fronte á renovación de contratos caducados e adaptalos á realidade da cidade; partida para deseño e posta en funcionamento dun novo sistema rotatorio gratuíto de aparcamento; e fondos para crear liñas de axudas para a renovación e modernización do pequeño comercio mediante a implantación das novas tecnoloxías.

Asemade, no tocante á zona rural propoñen reservar partidas para abastecemento e saneamento; para recuperación , mantemento e conservación de pistas e camiños rurais; programa de mobilización de terras, así como para implantar puntos limpos móviles e recollida de aceites.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Nov 20, 2019 - 11:06 PM

    ¡¡ bo !!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo