O PP critica que o alcalde da Fonsagrada sitúe o polígono como prioridade tras ignorar durante dous anos aos empresarios

O PP da Fonsagrada critica que o alcalde sitúe o polígono industrial como unha das súas prioridades cando dende a asociación de empresarios Fonte Sacra se lle pediu en 2016 a posibilidade de tramitar unha modificación puntual das actuais normas subsidiarias para a clasificación de chan urbanizable co mesmo contido que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para así poder permitir aos interesados desenvolver o seu traballo empresarial. Os integrantes fixeron esta petición pois, tal e como se indica na memoria do documento, a ubicación xa contaba co visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio.

Ademais, en novembro de 2009, o expresidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro visitou xunto “ao seu compañeiro e amigo alcalde, que hoxe é vicepresidente” os terreos nos que o organismo provincial prevía a  construción desta infraestrutura, entregándolle a modificación puntual do proxecto para a calificación de chan  urbanizable industrial, para que esta fose tramitada a continuación pola entidade local. Esta modificación afectaba a unha superficie duns 100.000 metros cadrados, nos que estaba prevista un investimento de máis de 2,5 millóns de euros por parte da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA).

Sen embargo, e segundo afirma o Partido Popular, o socialista fixo caso omiso de ambas as dúas propostas, que non interrompen para nada os trámites iniciados polo Concello; o que prova que os populares lamenten “a pouca vergoña” do rexedor, sobre todo, indican, “porque el e todos coñecemos a necesidade que hai en Fonsagrada de solo indutrial”. Por tanto, “presumir agora de que quere impulsalo é cando menos un despropósito de cara a esta asociación que lle expuxo esta posiblidade de forma oficial, metendo a súa proposta por rexistro con data 29 de xuño de 2016”, precisan.

Este colectivo leva tempo agardando que a súa reclamación se faga realidade. Tal é así que, incluso na súa proposta, expresan claramente a súa vontade e disposición para a adquisición de parcelas na área industrial. Ademais, o Plan Xeral, que se está a tramitar dende o ano 2009, recoñece incluso no seu preámbulo a necesidade de dotar ao municipio de solo industrial, ao incluír non só a delimitación dun sector de chan urbanizable, senón do contido completo necesario para a súa execución, tal como figura no documento que se adxunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com