" />

O PP critica que o catamarán abandonado no Miño amosa o “desinterese” do Goberno provincial

Un barco pantasma suca, medio afundido e aparentemente á deriva, as augas do Miño, a altura da capital lucense. O barco, que cando chegou a onde agora está, tal vez próximo a afundirse definitivamente, levaba o nome de Pelegrín I, é un dos catamaráns adquiridos no seu día pola Deputación.

O deputado provincial do Partido Popular, Óscar Poy, sinala que a Deputación, presidida polo socialista José Tomé, opera, “polo que se ve, co criterio recentemente exposto por unha singular ministra socialista española: os cartos públicos non son de ninguén, é dicir, a ninguén lle importan. Só así se pode entender que a Deputación manteña no Miño, fronte á capital lucense, un barco que non se usa e que xa é máis chatarra que outra cousa”. 

A Deputación de Lugo, baixo a presidencia de Francisco Cacharro Pardo, presentou o catamarán Pelegrín I a finais do 2003. Este barco tiña a misión de recorrer varias veces ao día o tramo do Miño comprendido entre Los Robles e a acea do Rei Chiquito. Tivo, durante a súa vida activa, altibaixos notables no seu funcionamento. En xullo de 2019, o barco levaba xa largo tempo sen prestar servizo. E xa entón o socialista Eduardo Vidal, que no anterior mandato liderara a área de Turismo da Deputación, aseguraba que non podía navegar por falta de calado, e que por iso estaba ancorado a altura do ponte das Saamasas. 

Son numerosos, di Poy, os lucenses que se preguntan por que a Deputación non retira o catamarán da canle do río. E non son poucos, segundo o popular, os que se preguntan tamén como é que non ten nada que dicir a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, “tan sensible cando os afectados son os particulares”. Neste caso, parece que incluso pode haber certo risco.

En todo caso, “o catamarán do Miño en Lugo é un claro exemplo de como entende o bigoberno (PSOE-BNG) da Deputación a xestión dos recursos públicos, do aprecio que sinte polo río e da idea que ten sobre a protección do medio ambiente e a promoción do turismo. Xa é hora de que o barco sexa sacado do río, reparado se é posible, e, senón, despezado; no actual estado de cousas, é o mellor resume de como entenden os socialistas a xestión do interese público”, esixen os populares. 

Novas relacionadas

  1. Luis Rodriguez
    Luis Rodriguez
    Dec 17, 2019 - 09:54 PM

    O abandono do paritario de verin amosa un desinterés por a saúde das mulleres embarazadas aparte de unha falta de respeto… eso si que e importante!!! E non un catamarán!!…

    Reply
    • Catalina Little
      Catalina Little
      Dec 17, 2019 - 11:40 PM

      Luis Rodriguez . Eso e xustificar o inxustficable. Unha cousa non ten que ver con outra.

      Reply
    • Luis Rodriguez
      Luis Rodriguez
      Dec 17, 2019 - 11:48 PM

      Catalina Little volvo a repetir por si non se entendeu ben. A vida dunha persoa(rectifico “como mínimo a vida de DUAS persoas”) vale muito mais que catro madeiras e catro ferros, algo que parecen olvidar os mandatários do PP… bueno non!!! É certo FEIJOO utiliza medicina privada, non publica

      Reply
    • Pilar Ferreiro
      Pilar Ferreiro
      Dec 18, 2019 - 12:42 AM

      Luis Rodriguez buenoooo es dinero público….sino lo quieren que lo vendan …hay gente q bien q lo necesita ….y no hablemos das cosas por ex deste concello en concreto servicios sociais …e falo con conocimiento de causa…

      Reply
  2. Luis Díaz
    Luis Díaz
    Dec 17, 2019 - 08:02 PM

    … pois nada , a prenderlle lume pa que aparente un funeral vikingo .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo