" />

O PP da Fonsagrada defende como “totalmente necesario” dotar ao municipio dun polígono industrial

O Grupo Municipal do PP da Fonsagrada manifesta que “está completamente a favor” de dotar ao municipio dun polígono industrial e defende que “é totalmente necesario”. Aclarada esta cuestión, o voceiro popular, José Regueiro, destaca que ao que se opoñen a súa formación é a xestión realizada polo actual alcalde coa Deputación, a través da que a entidade local ten que asumir o 20% do custo de urbanización, en contraposición, remarcan, “do que estaba acordado polo anterior goberno que era que o Concello non tiña que poñer nin un só euro”.

“O Partido Socialista quere sacalo adiante custe o que custe, incluso arruinando e lastrando a pouca capacidade económica do Concello”. Neste senso, Regueiro engade: “como ata o de agora non hai ningunha inversión feita, queren chegar ás eleccións municipais dicindo que fixeron algo, pero cun prezo elevadísimo para os fonsagradinos”.

Así se deduce da decisión do rexedor de asinar un convenio coa Deputación para o polígono industrial “que levará ao Concello de A Fonsagrada á ruína, endebedándoo durante 14 anos”.

Regueiro tamén sinala que hai un informe do organismo ICOMOS que sostén que a rotonda de acceso ao polígono e a circunvalación prevista no PXOM poden danar seriamente o trazado do Camiño Primitivo. Polo tanto, avisa de que se podería perder a consideración do Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade, o que sería gravísimo para os intereses dos fonsagradinos polo dano económico e social que provocaría.

Os populares queren que se cree unha urbanización para o polígono industrial e que se faga a correspondente promoción. Regueiro indica que o polígono debe ter boa conexión, parcelas pequenas que se poidan agregar e un prezo asumible polos posibles interesados. Regueiro sinala: “A Fonsagrada necesita o polígono e o Camiño Primitivo”. Avisa: “Dende o PP non consentiremos que por unha mala xestión nos endebedemos e lastremos ao Concello ou perdamos o gran valor que é o Camiño Primitivo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo