O PP de Castroverde denuncia unha “posible crise de goberno” tras a ausencia de 6 dos 9 ediles do PSOE no Pleno

O Partido Popular de Castroverde alerta dunha posible crise de goberno neste Concello ao faltar ao pleno seis dos nove concelleiros cos que conta o Partido Socialista neste municipio. Rubén Otero considera así que se trata “dunha situación inaudita e que pode ser o síntoma claro dun distanciamento entre os membros do grupo socialista”.

Para o popular non pode haber outra razón porque en ningún momento por parte de Alcaldía se notificou a falta de asistencia dos edís, nin tampouco os motivos polos que non acudiron á sesión plenaria. Esta ausencia supón, segundo afirma Otero, “a primeira mostra pública do desencontro interno que se vive no goberno de Castroverde”. É, por este motivo, polo que dende o Partido Popular cren que o rexedor debe de dar as explicacións oportunas de “tal despropósito e falta de rigor“.

“Os plenos están deseñados para que todas as forzas fagamos propostas para o ben dos veciños, polo que é a nosa obriga asistir e, no caso de que non se poida, xustificar o motivo. Neste caso, estamos ante un número considerable de faltas, de aí, indica, que, como non hai motivo aparente, nos leve a concluír a falta de entendemento interno do equipo de goberno”.

Neste senso, Rubén Otero agarda, tamén, que, dado que non asistiron ao pleno celebrado onte, os concelleiros ausentes non cobren a dieta correspondente, de tal xeito que este importe sexa destinado a gastos que repercutan en servizos e dotacións para os veciños de Castroverde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com