" />

O PP de Galicia denuncia a falta de interese do Goberno Central nas infraestruturas galegas

O Partido Popular de Galicia denunciou hoxe a dramática situación que padece o servizo ferroviario no territorio, e a falta de interese do Goberno central nas infraestruturas galegas. Á decisión do Goberno socialista de suprimir o servizo de venta presencial de billetes en algunhas estacións, e ás continuas incidencias que hai en liñas como a que conecta Vigo con León (con conexións en concellos como Redondela, Porriño, Ribadavia, Ourense, Monforte,
Quiroga, a Rúa, O Barco, Ponferrada ou Astorga) súmanse os novos retrasos anunciados esta semana para a posta en servizo do AVE que debería unir o noso territorio coa Meseta.

Por iso, a presidenta provincial, Elena Candia, xunto co vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, e unha ampla representación de deputados e senadores galegos -ademais de dirixentes do PP de León-, reuníronse en Monforte de Lemos con alcaldes e voceiros dos concellos máis afectados tanto polas interrupcións no servizo de trens como polo fin dese servizo de despacho de billetes.
Alí, na estación de trens do municipio, un dos máis afectados polos problemas ferroviarios ocasionados polo Goberno, o parlamentario Celso Delgado lamentou o progresivo deterioro do servizo que presta Renfe en Galicia. “Nesta liña están a circular trens que levan 35 anos funcionando”, dixo. “As avarías son constantes porque o material está obsoleto e iso provoca retrasos e cancelacións”, afirmou, e referiuse tamén á falla de maquinistas e aos inexistentes protocolos de atención ao pasaxeiro cando se producen incidencias.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Tino López
    Xan 20, 2020 - 09:46 AM

    caraduras !!

    Reply
  2. Avatar
    Domingo Rebolo Mourelos
    Xan 20, 2020 - 07:35 AM

    Vaya cara!

    Reply
  3. Avatar
    Ana Meiga Negra
    Xan 20, 2020 - 01:44 AM

    Vaia collóns teñen….

    Reply
  4. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 20, 2020 - 12:24 AM

    E cando estabais vos que? Tampouco tiñais tanta presa. Non se pide falar por falar!!!!!!!!

    Reply
  5. Avatar
    José Manuel Zapata Fernández
    Xan 20, 2020 - 12:01 AM

    Vaya panda de caraduras…

    Reply
  6. Avatar
    Ana Prieto
    Xan 19, 2020 - 11:55 PM

    La única falta de interés fue que en la etapa de Rajoy no se hicieron las obras e inversiones necesarias. Acompañado de silencio cómplice del PP gallego.
    Desde que gobierna el PSOE las inversiones y obras son continuas.

    Reply
  7. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Xan 19, 2020 - 11:11 PM

    O mismo interés que ten a Xunta, de mentirosos PePeiros.

    Reply
  8. Avatar
    Mariña Rodriguez Ferrer
    Xan 19, 2020 - 10:54 PM

    Pois tempo tiveron eles a correxilo.

    Reply
  9. Avatar
    Victor Garcia Garcia
    Xan 19, 2020 - 10:39 PM

    Valientes impresentables. El PP durante 8 años en La Moncloa y no movieron un dedo por Galicia.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo