O PP de Láncara denuncia o mal estado da sinalización do municipio

O PP de Láncara denuncia o mal estado no que a entidade local ten a sinalización do municipio e pide ao alcalde socialista que estableza as medidas necesarias para “corrixir esta situación que, cando menos, dá unha imaxe penosa do concello”, destacan.

 Os populares recoñecen que “este é un exemplo máis do abandono no que se atopa Láncara dende que o PSOE está no goberno, así como da vaguedade dun alcalde que non sabemos moi ben a que se dedica”. É que, segundo remarca o voceiro Santiago Cubillas, “basta con dar un volta polas distintas parroquias para darse conta de que os indicadores non poden estar así. Algúns é que xa nin se leen”. Por iso, dende o Partido Popular pregúntanse “se ao rexedor socialista non lle dá vergoña ter estes carteis así”.

 Neste senso, atribúen este abandono a “unha falta de xestión clara e absoluta”, polo que Santiago Cubillas insta ao equipo de goberno “a traballar algo máis”, pois este asunto que denuncian é cuestión de “estar no día a día, de preocuparse polo concello e dun simple trámite administrativo, consistente no cambio daqueles carteis que están en mal estado”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo