O PP de Lugo di que os reforzos de limpeza das escolas chegan tarde e son insuficientes

O PP de Lugo replica á alcaldesa que os reforzos que anuncia para mellorar a limpeza nos colexios chegan tarde e son insuficientes.

Segundo o PP, ao ser o mantemento dos centros públicos de Educación de Infantil e Primaria competencia do Concello, son os responsables dos prolemas de limpeza que están xurdindo a raíz da folga das traballadoras da limpeza, que se prolonga dende hai máis dun mes.

“Como pode dicir a alcladesa que só reforza persoal en dous colexios, no Illa Verde e no Quiroga Ballesteros, porque descoñecía a situación dos demáis? Ou ben falta á verdade , xa que ten persoal municipal (os conserxes) traballando nos colexios, ou ben, como non é un área da súa responsabilidade senón do BNG, ponse de perfil”, acusa o grupo popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com