O PP defende os investimentos de Feijóo e di que o PSOE descoñece a realidade da comarca mariñá

O PP puxo en valor que o goberno de Feijóo “é o que máis inviste na comarca”. Así o manifestaron os candidatos do Partido Popular por Lugo ao Parlamento galego, José Manuel Balseiro e Daniel Vega, durante o reparto que levaron a cabo no mercado do Valadouro do xornal elaborado polo PPdeG para dar a coñecer a figura de Alberto Núñez Feijóo.

Os populares aseguran que “o PSOE descoñece a realidade da nosa comarca. Así o demostran os socialistas ao negarse a falar do principal problema da Mariña, a crise de emprego en Alcoa provocada por unha decisión inxusta e unilateral do PSOE”. A cabeza de lista dos socialistas de Lugo ao Parlamento “non só non di nada ao respecto, senón que apoia a decisión do Goberno de Pedro Sánchez”.

Os candidatos do PP destacaron a ampliación do Hospital da Costa, a remodelación do centro hospitalario entre outras obras que a Xunta está a acometer na comarca. “Só en Burela, están en execución as obras de construción do segundo martelo do porto que contan cun investimento de 1 millón de euros, ás que hai que sumar a remodelación integral da nave de redes con 287.000 euros, así como o dragado dos portos de Celeiro-Viveiro e Ribadeo iniciaranse cando as condicións meteorolóxicas o permitan”.

Asemade salientan o “compromiso do goberno galego co rural que se traduce no apoio que recibe, por exemplo, o sector forestal mariñán. A nosa comarca é unha potencia galega e, como tal, é a máis beneficiada polos apoios da Xunta ao sector”, segundo manifestaron os populares mariñaos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com