" />

O PP defenderá na Deputación o dereito dos pais a elixir centro educativo

A máxima responsable do Partido Popular da provincia de Lugo e voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, trasladou ao director do Colexio Divina Pastora Salesianos da cidade amurallada, Óscar Bartolomé, que “o Partido Popular defenderá na Deputación de Lugo o dereito dos pais, cuestionado pola ministra de Educación en funcións, a elixir centro educativo”. Foi no transcurso dunha reunión coa que o PP lucense da comezo a este tipo de encontros con entidades educativas e na que tamén participou o deputado lucense no Congreso e vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime De Olano, para abordar as recentes declaracións de Isabel Celaá que crearon alarma en gran parte da sociedade española.

O Partido Popular expresou desde o primeiro momento a súa defensa sen cortapisas do dereito dos pais a elixir o tipo de centro que queren para os seus fillos, e, nesta liña, presenta iniciativas en todos os niveis institucionais, dende o Congreso aos Concellos, e á que se suma o Grupo Provincial Popular no vindeiro pleno do martes 26 de novembro.

Os populares sosteñen que “os pais son os primeiros responsables da educación dos seus fillos” e que “ese papel non pode ser substituído nin condicionado polo Estado; ao contrario, os pais deben ter a seguridade de que o Estado protexe e garante os seus dereitos”. O grupo liderado por Elena Candia recorda que “non foi casualidade que no título primeiro da Constitución –De los derechos y deberes fundamentales– figure o artigo 27: Todos tienen derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza”. Así, os deputados populares indican no texto da moción esta cuestión responde á vontade dos constituíntes de que ambos dereitos se encontrasen nun plano fundamental e de igualdade”.

Candia resalta, no mesmo sentido, que “ao longo dos 40 anos de vixencia da Constitución, as diferentes reformas educativas defenderon con maior ou menor paixón ambos dereitos, desenvoltos e reafirmados tamén pola xurisprudencia do Tribunal Constitucional”.

Pola contra, “o último proxecto de lei do partido socialista -a chamada LOMLOE- cuestiona o primeiro gran pacto educativo da Transición ao intentar limitar as liberdades educativas recoñecidas na Constitución”, lembran dende o PP de Lugo indicando que o artigo 27.3 da Constitución Española determina que: los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Manuel Lopez
    Nov 24, 2019 - 09:27 AM

    Libertad de educación se puede entender cómo no prohibición de eses colegios y sus enseñanzas. Normal. Otra cosa es que los pague el estado y queden muchas plazas públicas sin cubrir, clases con la mitad de niños pero que provocan un gasto igual que si estuviesen llenas (profesores, limpieza, luz…) , Los colegios concertados suelen estar en los centros de las ciudades, ahí los públicos también se llenan, es fácil imaginar el motivo.

    Reply
  2. Avatar
    Manuel Quiroga Lopez
    Nov 23, 2019 - 07:50 PM

    Si fora polo PP non habría nada publico

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo