" />

O PP denuncia “duplicidade de competencias” con actividades culturais entre PSOE e BNG

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia o intento de Lara Méndez de duplicar competencias dentro do Concello ao desenvolver, baixo o selo do PSOE, actividades que se deberían de realizar dende a área de Cultura, dirixida polo BNG.

Ramón Carballo ve como se realiza unha “clara duplicidade de competencias” dentro do Concello, xa que, na opinión do popular, é “unha clara manobra” de Lara Méndez por coller a dianteira ao BNG. “Vemos como a rexedora copia a táctica de Arroxo de organizar pequenos eventos, organizados por afíns políticos, aos que, seguramente se lles contratará das empresas que xestionen o 1.060.000€ deste plan.

O popular refírese aos tardeos, noiteos ou actos de recreación histórica anunciados por Lara Méndez para “reactivar a economía”. “Estamos a favor de inxectar liquidez e todos os sectores que peor o están a pasar, por iso mesmo o mellor sería dar as axudas directamente aos sectores que peor o están a pasar, en lugar de tecer un sistema para dárllelo a dedo aos afíns da rexedora”, sinalou.

Unha partida orzamentaria que deberá de aprobarse nun pleno extraordinario para dar luz verde a unha modificación orzamentaria de suplemento de crédito, por valor de 3.983.822,06€, na que se inclúen outras partidas, como o equipamento do novo auditorio ou da biblioteca da Piringalla, carbón para a depuradora ou a execución da sentenza da Fábrica da Luz, “todas partidas que “eran previsibles” de ter que acometer neste ano e que nin Lara Méndez nin Rubén Arroxo tiveron a ben contemplar nos orzamentos municipais”.

Ante esta situación, vemos como o argumento que se defendeu dende un primeiro momento polo Partido Popular, de que os orzamentos de Méndez e Arroxo “non era reais nin daban resposta ás necesidades dos lucenses” xa que teñen que estar a poñer parches aos mesmos e solicitar á corporación a aprobación de modificacións orzamentarias ou recoñecementos extraxudiciais de crédito.

Ante esta situación, os concelleiros populares lanzan unha pregunta aos edís socialistas e nacionalistas: “Acaso non sabían que terían que
amoblar a biblioteca da Piringalla ou que a depuradora necesita carbón para funcionar”. “Estamos ante o goberno máis caro da historia de Lugo e os peores xestores da historia de Lugo, unha dualidade que moito tememos que provocará un enorme dano a Lugo e aos lucenses”, sinalaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo