O PP denuncia pagos a empresas sen contrato en 2015 por parte do Goberno Municipal por 19 servizos

 O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Jaime Castiñeira, denuncia pagos por importe de 5,7 millóns de euros a empresas sen contrato, e con reparos de legalidade por parte do servizo de intervención, no que vai de 2015.

Logo de que esta semana a Comisión de Contas previa ao pleno extraordinario deste martes 13 analizase o contido do informe de Intervención no que elevaba a case 10 millóns de euros a contía abonada a firmas privadas o ano pasado sen relación contractual co Concello, os populares analizaron os decretos nos que o interventor cuestiona os pagos a un total de 15 empresas pola prestación de 19 servizos sen o correspondente contrato en vigor.

“Estamos a falar en varios casos de servizos que entraron nestas circunstancias dende a chegada do novo goberno”, salienta Castiñeira.

Ante esta situación, Jaime Castiñeira anuncia que trasladará ao pleno do vindeiro 29 de outubro unha proposición encamiñada a “tamén neste asunto” lograr un acordo unánime da oposición “para outra vez máis, volver marcarlle o ritmo de traballo a este goberno municipal en clara minoría e soedade”. Nesa liña, os populares proporán ao pleno que, nun prazo máximo de tres meses, se adopte unha solución para regularizar os servizos que se están prestando por empresas sen contrato en vigor “e que sistematicamente son obxectos de reparos de legalidade por parte do interventor municipal”.

Paralelamente, os populares reclaman que se elaboren os estudos oportunos para analizar se algún destes servizos que actualmente se prestan nestas circunstancias poden ser obxecto da municipalización. E, no caso de ser así, o GMPP solicita que “nun prazo máximo dun mes” estean constituídas as comisións de traballo oportunas encamiñadas a conseguir este obxectivo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com