" />

O PP denuncia que a falta de contrato no transporte urbano deixa un servizo caro e de baixa calidade

O grupo municipal popular asegurou hoxe que o contrato do transporte urbano na cidade de Lugo “leva 3 anos caducado” e, tal e como anunciou o edil Antonio Ameijide, “todo apunta a que imos comezar o 2016 sen unha nova adxudicación”.

Para os populares, esta situación provoca que o servizo estea decaendo, tal e como reflexa un informe da Universidade de Vigo sobre o transporte público urbano nas ciudades galegas ao que fixo referencia Ameijide, do que o edil extrae que a rede de autobuses lucense é unha das menos utilizadas, e fixo unha comparativa coa cidade de Ourense, con 7,2 millóns usuarios fronte aos 2,1 millóns de Lugo.

Outra das cuestións que destacou Ameijide foi a distancia que cubre o transporte urbano lucense, “das máis reducidas de Galicia a pesar de ser unha das ciudades con maior territorio”, así como o prezo do billete, é dicir, o que lle custa aos lucenses a través das arcas municipais, de 2,5 euros, tamén un dos máis caros de Galicia segundo os populares.

Ademais, aseguran que o feito de non ter sacado o servizo a concurso está implicando un gasto maior, que os populares calculan en 1,5 millóns de euros nos 3 anos sen contrato. De feito, a licitación do servizo tería permitido unha rebaixa do custo de entre o 20 e o 30% a través das baixas que se adoitan producir nos procesos de contratación, de forma que o Concello “podería ter destinado eses cartos a outros investimentos e obras en beneficio dos cidadáns“.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo