O PP denuncia retrasos de case 2 anos e medio na concesión de licenzas no rural

O Partido Popular lamenta os continuos obstáculos que o bigoberno lle está a pór aos veciños do rural de Lugo para mellorar as súas vivendas ou explotacións gandeiras e agrícolas. Segundo o concelleiro popular Manuel López “os datos que avalan esta realidade son claros: en Lugo tárdase unha media de 526 días para resolver unha licenza para reformar, legalizar ou executar obras nas 54 parroquias do municipio”.

Os populares queren que se reforce o servizo para desatascar este “cuello de botella” xa que “o 81.5% das peticións resoltas no que levamos deste exercicio corresponden a expedientes do ano 2017 (20 solicitudes) e do ano 2018 (34 solicitudes). “Este atasco na xestión de licenzas de obras no rural é preocupante xa que provoca un escenario de parálise económica e frea novos proxectos” afirmou López.

Dende o Grupo Popular acusan ao bigoberno de “facer moitas promesas de que van a acabar coa desigualdade entre o mundo urbano e o rural cando a realidade é distinta”. Os populares ironizan “como se vai a acabar co despoboamento cando os gobernantes de Lugo tardan case dous anos e medio en tramitar reformas ou rehabilitacións en vivendas rurais así como ampliacións ou construcións de construciós agrícolas”.

López pide ao bigoberno que “se deixe de defender de boquilla ao rural e cumpran a lei resolvendo en tres meses as licenzas de obra”. O edil popular insistiu en que “o rural só é protagonista para a alcaldesa en período electoral pero, cando se trata de facilitar e mellorar as explotacións e vivendas dos seus veciños e veciñas, todo son trabas”, sentenciaron.

Outro aspecto que afecta á política urbanística no rural é o 5% do PXOM que está pendente de aprobar e que afecta a un total de 160 núcleos “onde non é posible solicitar licenzas”. Estamos a falar de 23 anos para facer este trámite que nos leva custado 750.000 euros” matizando que Manuel López concluía que “o retraso nas tramitacións de licenzas é un exemplo claro de que non lles importa que as parroquias de Lugo medren”.

O popular lamenta que “no proceso de desaceleración económica que vivimos é unha irresponsabilidade que o bigoberno non sexa capaz de axilizar estes trámites”. López explicou que coas 65 licenzas que se aprobaron ao longo de 2019 xerouse un volume de negocio de 4 M€. O popular manifestou que “a situación no departamento de urbanismo sería moito peor se non fose pola profesionalidade dos que traballan nesta área que sacan adiante todo o traballo que poden malia a desfeita e falta de dirección política do bigoberno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com