" />

O PP denuncia unha “dobre velocidade” na tramitación das licenzas urbanísticas

O PP volveu a insistir hoxe en que o goberno local debe adoptar medidas para acurtar “o tempo de resposta da tramitación de licenzas de obra maior” matizando que “hai que comezar por axilizar o primeiro informe que se emite e que, en Lugo, tarda unha media de sete meses”.

O voceiro popular Antonio Ameijide destacou que “é necesario reducir á metade este tempo de espera e conseguir que en menos de tres meses os veciños que soliciten licenza de obra maior no rexistro teñan unha primeira contestación á que aterse, xa que a lei di que en menos de tres deben resolverse”. Esta é a proposta que presentou hoxe o voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide logo de facer públicos os datos dun informe no que se analiza o tempo que se tarda en Lugo en emitir o primeiro informe das licenzas de obra maior.

“En total se concederon 64 peticións e o período medio de emisión do primeiro informe foi de 208 días ainda que hai casos sangrantes como os 2.270 días que se tardou en emitir o primeiro para a modificación dun oco de fachada nunha clínica na Avenida de Madrid”.

Antonio Ameijide explicou que dentro deste expediente existe un informe que proba que o concelleiro de urbanismo tardou tres anos en reaccionar e en dárse conta de que “non había xefe de servizo e que non existía, nin existe esa figura responsable para organizar o traballo provocando casos como o este expediente, rexistrado o 20 de marzo de 2012, e que quedou gardado nun armario ata o 5 de xullo de 2018”. Para o popular esta é outra máis que avala o caos do departamento de urbanismo dirixido por Daniel Piñeiro”. Outro motivo máis que acredita a reprobación a este concelleiro que o Partido Popular forzou no último pleno .

Os populares afirman, á vista deste informe, que parece que en Lugo hai licenzas de primeira e de segunda e que existe unha chamativa dobre velocidade na súa tramitación.

O voceiro popular sospeita que o goberno socialista “ten algo que ocultar” xa que impediu ao Grupo Popular o acceso ás licenzas de obras maiores que están pendentes de informe. Para Ameijide contestación é unha excusa de mal pagador xa que todos no Concello “sabemos no armario nos que almacenan estes expedientes á espera de que laguen os rescate”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo