" />

O PP destaca a necesidade de acadar un pacto social e político pola Educación

A necesidade de acadar un pacto social e político pola Educación foi  unha das conclusións que se extraen das intervencións dos ponentes na xornada organizada pola Comisión Provincial de Educación, e que se desenvolveu este venres no Hotel Méndez Núñez.

Precisamente, o titular autonómico nesta materia, Román Rodríguez, expuxo que a “Educación é e debe ser un elemento diferenciador, pois, tal e como dixo o presidente da Xunta de Galicia na Convención Nacional de Educación, o que diferencia a unha persoa doutra non é o que ten, senón o que sabe”; constituíndose, por tanto, como “o mellor dos investimentos de futuro”.

A este respecto, matizou que estamos ante “a maior oportunidade histórica nestes 40 anos da democracia para conseguir este Pacto”, tal e como tamén explicaron os outros dous intervintes: o voceiro de Educación no Parlamento de Galicia, César Fernández Gil, e o exdeputado na Cámara Galega, Víctor Vázquez Portomeñe.

A este respecto, criticaron aos que poñen en tela de xuízo este acordo estatal, como poden ser PSOE, Unidos Podemos, ERC, ou mesmo o PNV. Para os tres conferenciantes non se entende que uns que se “descabalgan” das negociacións impidan que España e Galicia poidan lograr este desexado Pacto que outorgue a estabilidade necesaria ao sistema educativo.

A este respecto, aludiron a como nos últimos días determinadas forzas sindicais e partidos saían á rúa pedindo melloras, cando son estas mesmas organizacións, segundo os populares, as que se negan a calquera mellora do sistema, xa que, do contrario, non terían abandonado a subcomisión para o Pacto Educativo.

Deste xeito, avogaron, como tamén o fixo a presidenta Provincial, durante a clausura, a abandonar a confrontación e voltar ao diálogo, pois a calidade e equidade do sistema é, segundo apuntou Candia, “a Educación en maiúsculas”; o e que, en palabras do conselleiro, “son resultado de anos de xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos, e que están a permitir que hoxe teñamos un investimento por alumnos dos maiores do Estado, con 8.140 euros”.

Precisamente, nesta liña, o exdeputado Portomeñe sinalou que en Galicia “fomos construíndo un modelo de calidade, equitativo e garante da igualdade de oportunidades”; un camiño que se continúa coa Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible, aprobada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, onde se acordou garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo