" />

O PP desvela que o TSXG anulou a adxudicación da reforma da praza de Abastos

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, revelou esta mañá que o proceso de rehabilitación da praza de Abastos de Lugo “pódelle sair moi caro aos lucenses” tras saber que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de dar a razón a Abadeus Arquitectura S.L.P., empresa que fora excluida do proceso de contratación desta reforma.

Enrique Rozas revelou que na mesa de contratación se adxudicaron os traballos a Mercados Centrales de Abastecimiento S.A., quedando excluída na mesma Abadeus Arquitectura. Rozas recordou que nesa mesa de contratación o Grupo Municipal do Partido Popular “se abstivo na votación á vista do informe técnico e das puntuacións acadadas nalgún dos apartados”.

Abadeus Arquitectura interpuxo un recurso potestativo de reposición ante o Concello, que “foi desestimado en base ao acordado na mesa de contratación”. Tras este rexeitamento, a empresa interpuxo unha reclamación xudicial, vía contencioso-administrativa, na que o xulgado contencioso-administrativo número 1 de Lugo deu a razón ao Concello; posteriormente, a empresa decidiu recurrir a decisión do contencioso ante o TSXG, quen sentenzou a favor da empresa.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular preguntarán ao Concello qué decisión tomará respecto de esta sentenza e solicitarán aos servizos xurídicos do Concello que valoren o custo da mesma para as arcas municipais. 

Ante estas declaracións do vicevoceiro popular, o Goberno Local respostou minutos despois que executará a sentenza, atopándose dentro de prazo. Segundo informa o Concello de Lugo, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,  obriga a anular a exclusión da empresa do proceso de licitación e a volver a valorar as ofertas presentadas neste procedemento.

Polo que caben dous resultados supostos: ou ben que Abadeus Arquitectura non resulte adxudicataria do procedemento, polo que non habería ningunha outra consecuencia; ou ben, que resulte ser adxudicataria de dito proceso de licitación, o que abocaría ao Concello a indemnizar a esta empresa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo