" />

O PP di que para facer a Intermodal hai que cambiar o PXOM

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, di “non dar crédito á petición que realiza nos medios de comunicación o edil de Urbanismo, Miguel Couto, que pide a particulares e administracións que ignoren as directrices marcadas no PXOM de Lugo e pasen por alto, por exemplo, a protección que se marca para a nave de Correos que hai na estación de tren, polo que insta ao concelleiro de Urbanismo a emitir esa orde por escrito”.

Antonio Ameijide explica que segundo o Plan Xeral trátase “dun edificio protexido” que vén definido na páxina 110 do catálogo do PXOM, no plano L-53, impedindo a “demolición e obras de nova planta”, permitindo unicamente “a rehabilitación, consolidación ou conservación”. Ante esta situación, o concelleiro popular pregunta a Miguel Couto “se pode garantir” que o Concello de Lugo daría licenza se solicitasen a demolición deste edificio, que é un edificio protexido. “Que técnico vai a informar favorablemente a demolición deste edificio para a construción da intermodal”, preguntou.

O concelleiro popular explica que hai unha situación semellante ao outro lado das vías do tren, en Serra de Meira, onde as diferenzas de criterio entre o Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica impiden á Xunta de Galicia realizar unha obra paralizada desde hai anos.

Desde o Grupo Municipal do Partido Popular presentaranse preguntas para a súa resposta por escrito para coñecer se “é posible que un particular, unha empresa ou mesmo unha administración pública poida saltarse as normas marcadas á hora de solicitar unha licenza de obra ou realizar a execución dun proxecto xa aprobado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo