" />

O PP esixe ao Goberno local a limpeza das pintadas e outros actos vandálicos en 24 horas

As pintadas seguen a ser unha das lacras que segue a sufrir a cidade e trátase dunha das principais reivindicacións de moita comunidades de veciños que ven como da noite a mañá as súas fachadas aparecen con pintadas que o único que fan é danar esteticamente a cidade, dando unha sensación de abandono.

Óscar Poy defende que o Concello de Lugo debe de velar pola boa imaxe da cidade, polo que insta ao goberno local a poñer en marcha o principio de ‘ventana rota’, remediando en 24 horas calquera tipo de acto vandálico. Este principio baséase en que manter as zonas urbanas en boas condicións para acadar unha diminución do vandalismo e a redución das taxas de criminalidade. “Pensamos que implantar este modelo en Lugo axudaría a diminuír o repunte de actos vandálicos dos últimos meses”, di.

O concelleiro popular recorda que incluso o propio Concello de Lugo ten un sistema de limpeza de pintadas para eliminar estes actos vandálicos das rúas da cidade, pero “nin se preocupan de limpar as paredes de propiedades municipais ou muros en rúas nos que aparecen pintadas que afean as rúas de Lugo”.

Neste senso, Óscar Poy quere deixar claro que non estamos a falar do murais decorativos que hai en diferentes zonas de Lugo, que neste caso si que axudan a xerar cidade xa que de sobra é coñecido que a arte urbana está en auxe e é unha das vías de turismo que está máis de moda.

O concelleiro popular convida ao goberno local a loitar contra as pintadas e actos vandálicos que afean as rúas da cidade e a borralas da cidade para deixar atrás esa sensación de abandono que agora se está a transmitir a veciños e turistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo