" />

O PP esixe ao goberno provincial que aclare aos lucenses cando rematarán as obras no Fogar de Santa María

O voceiro provincial do PP, Javier Castiñeira, vén de denunciar a parálise das obras de rehabilitación de dous pavillóns no Fogar de Santa María; unha obra que, segundo lembra o popular, foi contratada pola Deputación a principios de 2018 cun prazo de execución de 10 meses e aínda hoxe está sen rematar despois dun considerable incremento do presuposto, segundo explicou Castiñeira. 

Os populares tildan esta obra como “o Escorial Lucense” e preguntan ao Executivo de José Tomé cando rematará esta obra que xa ten un retraso de 3 veces máis do prazo proxectado e un sobrecuste de máis do 50% por riba do previsto inicialmente.

O portavoz popular di: “Neste caso dáse un verdadeiro desbaraxuste, que implica a perda de máis de 80.000 euros en alugueres, polo retraso do traslado da oficina de Recadación, cuxo aluguer custa máis de 3.300 euros ao mes; se o multiplicamos por eses máis de 25 meses de retraso, evidentemente dan máis de 80.000 euros, que hai que sumar ás perdas que está ocasionando esta obra que non se dá rematado”.

Os populares din que “o Escorial lucense está causando, ademais, molestias non só aos traballadores de Recadación, que deberían estar xa nas novas oficinas, senón tamén a moitos lucenses que deberían estar disfrutando destas novas instalacións, que custan un esforzo moi grande a Deputación de Lugo”. Igualmente poñen de manifesto que a mala xestión destes traballos “causa moitos disgustos a moitas das contratas que están traballando e non cobraron; así se queixaron á Deputación, porque non cobraron da contrata principal, que coincide que é a mesma que está a reconstruír a Casa da Botica en Guitiriz, que, como ben saben os lucenses, foi demolida ultimamente como consecuencia da mala xestión da Deputación”.

Castiñeira declara: “Coincidencias ou non, o que é seguro é que hai unha moi mala xestión polo goberno provincial, un auténtico despropósito na xestión das obras por parte do goberno biparttito, que consideramos que merece que sexa aclarada. Xa o intentamos no pleno, concretamente en decembro de 2018: preguntamos cando se pensaba rematar e os prazos reais non se axustaron para nada aos prazos que nos deu naquel momento o goberno; houbo retraso sobre retraso”. Castiñeira di que “o que queren todos os lucenses é saber cando se van rematar estas obras e canto van custar a todos os veciños da provincia de Lugo”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mar 18, 2021 - 12:16 AM

    ¡bo!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo