" />

O PP esixe explicacións a Tomé polo afundimento do catamarán do Miño

O Grupo Provincial do PP avisou o pasado día 17: “O catamarán que ten abandonado a Deputación no Miño á altura da ponte das Saamasas está moi deteriorado, medio afundido e acabará por afundirse totalmente”. Pois xa ocorreu. O barco, que xa estaba en mal estado e escorado, afundiuse nas últimas horas, incapaz de soportar as condicións en que se atopa o río, moi crecido e con corrente moi rápida. O deputado provincial popular Óscar Poy esixe explicacións ao goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé.

Poy asegurou que “pasou o que tiña que pasar, e que era visto que pasaría” e sinalou que Tomé “vai ter que esforzarse moito” para aclarar aos lucenses por que non tomou medidas a tempo para evitar que o catamarán, pagado con fondos públicos, acabase afundido no río. “Unha vez máis queda claramente demostrado como xestionan os socialistas os recursos públicos, neste caso coa colaboración necesaria dos independentistas”.

O mesmo deputado provincial facía fincapé en que a sociedade lucense “está estupefacta” diante da “desvergonzada maneira que ten o bigoberno da Deputación de botar a perder os recursos públicos; o caso do catamarán do Miño fala claramente do desastre de xestores que son os socialistas”, denunciou Poy.

Agora, di o deputado Poy, “o barco xa só é chatarra que haberá que sacar do río con considerable custo para o erario; as grazas hai que darllas ao goberno provincial e sinaladamente ao seu presidente, o socialista José Tomé. Ten pendentes moitas explicacións. Non pode dicir que non estaba avisado. Dixémosllo moitas veces, a última o pasado día 17”.

O popular agregou, asemade, que espera que non pase con Alcoa o mesmo que co catamarán e, despois de decenas de avisos dados polo PP, “por culpa da inacción dos socialistas, sinaladamente do presidente Pedro Sánchez, se acabe afundindo tamén Alcoa-San Cibrao”.

O popular concluíu tamén cuestionando cal será a opinión da Confederación Hidrográfica con respecto ao naufraxio.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Antonio Fernandez
    Dec 20, 2019 - 10:03 PM

    Fan ben esto e un abandono.

    Reply
  2. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 20, 2019 - 06:53 PM

    E co baratos que son, e o pouco que contamina. É igual home……..

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo