O PP esixe localizar os vertedoiros ilegais do rural para facer unha limpeza urxente

O concelleiro do Partido Popular, Manuel López, afirma que o macrovertedoiro do Carqueixo non é un caso illado e que no rural de Lugo “proliferan moitos outros vertedoiros ilegais porque o goberno local non fai nada para erradicalos”.

Para López hai alternativas para solucionar esta problemática lamentando que a alcaldesa e o vicealcalde “se conformen con publicitar un barrio verde en Lugo mentres son incapaces de vixilar que parcelas da súa propiedade se convertan en  macrovertedoiros”.

Manuel López afirma que nun municipio cun rural como o de Lugo, que conta con 54 parroquias e 320 núcleos, hai que achegar a recollida do lixo aos veciños e as veciñas. “Nós propoñemos poñer en marcha puntos limpos móviles” aclarando que “esta infraestructura debería contemplarse no prego de condicións do futuro contrato de xestión de residuos”.

O popular tamén é partidario de que se leven a cabo campañas de concienciación, con cartelería nos puntos onde é frecuente que aparezan restos de obras, electrodomésticos, neumáticos… cos que disuadir aos infractores de que están cometendo un delicto medio ambiental. “Durante os 20 anos de gobernos do PSOE non se fixo nin unha soa campaña de sensibilización para a cidadanía”, matizou o concelleiro popular. 

Dende o PP tamén se reclama que se restableza a patrulla verde da policía para localizar de forma rápida os vertedoiros que desaparezan e, unha vez detectados, nun prazo máximo dunha semana levar a cabo a limpeza destes puntos para evitar o efecto chamada. O edil do PP tamén suxire que se potencie a colaboración cidadá a través do 010 ou da liña verde “sempre e cando o goberno local erradique os vertedoiros que se denuncien nun prazo dunha semana para que a participación veciñal teña sentido”.

 

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 16, 2019 - 11:53 PM

    Haber si dunha vez os cae a cara de vergoña e facedes algo. É non os dicais o ti máis. Sodes unha vergoña para os vosos votantes, e xa dades un pouco de noxo. Todos os políticos……………

    Reply
  2. Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 16, 2019 - 11:51 PM

    E o de sempre un no fai é outro non quere

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com