" />
Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP esixe o comenzo inmediato das obras en 48 rúas da cidade

O concelleiro do Grupo Popular Antonio Ameijide cualificou de “ridículo” o grao de execución das obras de mellora de medio cento de rúas da cidade afirmando que “a punto de cumprirse un ano e tres meses da sinatura do acordo entre PP e PSOE, para investir os remantentes de tesourería de anos anteriores, non se empezou nin unha soa destas intervencións”.

Ameijide explicou que o novo goberno herdou un paquete de obras “con nome e apelido no casco urbano para mellorar o pavimento, abastecemento. É momento de ser resolutivo e de dinamizar a xestión do día a día do Concello”. En xuño de 2014 as obras estaban proxectadas, presupostadas e cos 3 millóns e medio de euros reservados para levar a cabo estas actuacións que afectan a rúas en distintos barrios como Ronda de Fingoi, Monforte, Noriega Varela, Pintor Corredoira, varias vías do CEAO, Rúa do Cuco ou Margarida.

“De momento o único que se está demostrando con esta inactividade é quen actuou por intereses partidistas e a golpe de eleccións e quen, pese a non estar gobernando, polo interés xeral, propiciou acordos para mellorar a cidade”, concluiu o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo