O PP esixe que se fixe un prazo para saber o estado dos orzamentos

O Grupo Municipal do Partido Popular, esixiu que “o goberno local  fixe un calendario con prazos concretos para coñecer cal é o estado real da tramitación dos orzamentos municipais, e para que se facilite o anteproxecto deste documento contable. “Coa forza maioritaria non falou, nin tan sequera se dirixiu a nós malia que o día 20 de decembro presentamos unha batería de máis dun cento de propostas para incorporar aos orzamentos” reflexionou Castiñeira.

Os populares consideran que os lucenses teñen dereito a saber si os socialistas van a negociar e buscar consensos cos grupos da oposición para sacar adiante os orzamentos para este 2017” salientou o popular.

O voceiro popular amosou a súa preocupación polo retraso na aprobación deste documento contable “xa que ao prorrogar os orzamentos condenase ao concello a prescindir de novos investimentos e tamén se deixa ao goberno preso e en mans do que diga Lugonovo e BNG”. Jaime Castiñeira matizou que “en véspera de Reis do 2017 deberíamos ter un avance dos orzamentos para 2017 para evitar retrasos nos investimentos”.

Os populares desconfían que o enfado destes dous grupos “sexa agora  de cara á galería  xa que dentro dunhas semanas servirán, de novo, de muletilla dos socialistas”.

Dende o Partido Popular reclaman “cintura política” á alcaldesa indicando que o seu grupo “ten claro o proxecto de cidade que queremos para Lugo” destacou Castiñeira.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com