" />

O PP insta á Deputación a xestionar a limpeza da canle do río Rato ao seu paso por Lugo

Unha das grandes iniciativas executadas no pasado pola Deputación na capital da provincia é o Parque do Rato, un ámbito usado a diario por miles de persoas para pasear e facer exercicio físico. O mantemento depende da Deputación; e, segundo denunciaron esta mañá os populares da provincia, é manifestamente mellorable no conxunto do parque. 

En concreto o deputado provincial popular, Oscar Poy, chama a atención sobre á canle do río onde, algúns tramos presentan tan pouco mantemento que a auga está cuberta de maleza. Un motivo polo que son frecuentes as protestas dos lucenses que transitan polo camiño acondicionado á beira do río.

O grupo provincial do PP insta así ao goberno provincial a xestionar a eliminación da maleza da canle do río, ben directamente, despois de conseguir a necesaria autorización da Confederación Hidrográfica, ou ben demandando da propia Confederación que leve a cabo a limpeza.

“O Parque do Rato é unha das mellores zonas verdes que ten a Deputación. E tendo en conta que o presidente da Deputación e o presidente da Confederación Hidrográfica son do mesmo partido, non se entende moi ben por que o Rato está como está. Non quero dicir que non se entendan, pero os feitos non din nada a favor do seu bo entendemento”. Demanda tamén a reposición de elementos deteriorados, como é unha pequena ponte de madeira que leva moito tempo inutilizada, así como o antigo recinto de xogos infantís.

Poy sinala: “O mantemento que fai a Deputación do Parque do Rato e moi mellorable, pero aínda así resulta moi chamativo o feito de que mentres, en xeral, está ben rozado, a canle do río está totalmente cuberta de maleza, ata ao punto de que en moitos tramos non se sabe se leva auga o se non leva”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo