O PP levará a pleno a reprobación das “inaceptables declaracións” de Tomé sobre a roupa de Elena Candia

Erradicar da sociedade o machismo e promover a igualdade entre homes e mulleres é unha tarefa á que en España se levan dedicados e dedican amplos esforzos, como parte fundamental para alcanzar un mundo mellor. Así o lembraron hoxe dende a agrupación do Partido Popular na provincia que veñen de anunciar que, no vindeiro pleno da Deputación, defenderá unha moción para reprobar as declaracións do presidente do Executivo onde criticaba a roupa da deputada autonómica Elena Candia.

Tomé chegou a dicir: “(…) A señora Candia, coa súa vestimenta, co seu aspecto de leopardo que tiña onte, sinceramente, daba a imaxe do vaqueiro americano que entrou no Capitolio de EE.UU”. A deputada provincial popular Lola Castro, que tildou estas declaracións de “machismo trasnoitado e intolerable” anunciou esta moción popular, que busca a reprobación de Tomé que “intentou ridiculizar a maneira de vestir da deputada autonómica polo PP, Elena Candia, ex presidenta da Deputación”.

Castro engade: “As manifestacións cuxa reprobación pediremos ao pleno foron efectuadas polo presidente, José Tomé, o pasado día 9 ao fío da protesta levada a cabo o día anterior por 32 alcaldes do Partido Popular, diante da sede da Deputación, para reclamar un plan de mellora de estradas provinciais, así como xustiza na asignación de maquinaria do parque provincial aos concellos”.

A mesma deputada popular espera “que o BNG aprobe esta moción, porque coincide co posicionamento exposto neste caso por algunhas das súas máximas representantes; non sería entendible que, diante desta moción, adoptasen unha postura distinta á xa manifestada e amplamente recollida polos medios de comunicación”.

Castro di que “debe ser o pleno, como cámara de representación de toda a provincia na Deputación, o que debe, mediante este acordo, limpar e depurar a mala imaxe que dela deu o seu presidente a toda a sociedade española”. Como resumo, Lola Castro sinala que, por todo iso, o grupo popular propón “ ao pleno reprobar as declaracións do presidente da Deputación Provincial de Lugo, vertidas o pasado día 9 de abril, por ter dado mostras dun machismo intolerable, denigrando ás mulleres pola súa forma de vestir; unhas manifestacións que vulneran o principio de igualdade de trato e dignidade da muller”. Engade: “Queremos tamén reprobar calquera manifestación realizada por cargos públicos coas que se vulnere o principio de igualdade de trato entre homes e mulleres ou se denigre a dignidade da muller”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 20, 2021 - 07:32 PM

    Socialmente moitos xa censuramos tales declaracións. Pero estos… veña que veña co tema. Qué xentiña ¡ carajo! Non pararán ata exprimir o tema con intencions electoralistas, pois o de “solidarizarse” coa compañeira cos machirulos que teñen no partido, xa non cola.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com