" />
Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP municipal ve “unha oportunidade perdida” o redeseño do transporte público

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, considera que o redeseño do transporte público presentado polo goberno local esta semana é “unha oportunidade perdida” xa que “logo de moito tempo agardando por uns cambios de envergadura, o único que se introducen son mínimos retoques que dificilmente permitirán que os autobuses urbanos se convirtan nunha verdadeira alternativa real ao vehículo privado”.

Nesa liña, Ameijide cualifica de “moi pobres, moi pouco ambiciosas e claramente insuficientes” as modificacións incorporadas, dado que “aínda que é certo que moitas delas as levamos trasladando dende hai meses dende o Grupo Municipal do Partido Popular, como a gratuídade do transbordos, a actualización dos sistemas de información e a creación dunha APP para informar en tempo real dos percorridos, hai cuestións de fondo que o goberno local deixou aparcadas”. Entre elas, o voceiro popular alude á gratuidade dos autobuses urbanos para menores de idade, persoas con escasos recursos, xubilados e pensionistas (proposta do PP aprobada no pleno), ao establecemento de tarifas planas para uso diario ou á creación de bonos semanais, mensuais e mesmo anuais para traballadores.

Paralelalemente, o voceiro popular denuncia que “a única pegada que vai deixar a alcaldesa é cambiar as cores dos autobuses urbanos”. “O que pon de manifesto é, outra vez máis, igual que fixo coa supresión repentina da ORA, Lara Méndez volve amosar que o único que a move é a imaxe, con cambios que se caracterizan pola súa  superficialidade en lugar de abordar verdadeiramente os problemas do municipio”, asegura, ao tempo que anuncia que reiterará todas as propostas “de calado” nunha vindeira Mesa de Transporte a cuxa convocatoria “urxente” insta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo