O PP pedirá que a Deputación acometa obras no Pazo de San Marcos para garantir a accesibilidade

O Grupo Provincial do Partido Popular pedirá que a Deputación de Lugo acometa obras no Pazo de San Marcos para garantir a accesibilidade das persoas con mobilidade reducida que na actualidade non contan con aseos que poder
empregar. Os populares lembrar que, en cumprimento da Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade, os edificios de uso público disporán de aseos accesibles nas zonas de uso público, nos termos que se establezan reglamentariamente e procurando a existencia de aseos femininos e masculinos.

Os populares fanse eco das queixas trasladadas polos usuarios das instalacións que se atopan co atranco de non poder usar os aseos públicos por non estar adaptados, unha situación que os obriga a empregar os aseos de fóra do Pazo de San Marcos. Tanto é así que existe persoal da propia institución provincial que ten que visitar edificios próximos para poder empregar un aseo, posto que na Deputación non existe ningún baño adaptado para o seu uso por parte das persoas con mobilidade reducida.

Os populares consideran “intolerable” que esta situación permaneza, polo que demandarán que o Goberno do PSOE destine “os fondos que sexan necesarios” para rematar con esta situación de discriminación coas persoas de mobilidade reducida.

Neste senso, a Deputación vén de anunciar que adaptará máis instalacións provinciais ás necesidades de persoas con capacidades diferentes. Os inmobles da Rede Museística Provincial xa están recoñecidos a nivel internacional por non contar con ningún tipo de barreiras arquitectónicas. No Pazo de San Marcos, en cuxa entrada hai un pictograma identificativo para persoas con autismo e conta con dous ascensores para permitir a mobilidade polos distintos andares, vanse realizar agora obras nos dous aseos para facilitar o seu uso a veciños con mobilidade reducida.

O proxecto para estas actuacións xa está listo dende hai tempo, conta cunha partida de 12.000 euros e prevese iniciar proximamente, pois está pendente dos derradeiros permisos que se requiren para poder actuar en patrimonios históricos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo