O PP pide a dimisión do alcalde por incumprir o confinamento

O Partido Popular de Pol pide a dimisión de alcalde, o socialista Lino Rodríguez Ónega, por incumprir o confinamento. Deste xeito, o Grupo Municipal do PP censura a actitude do rexedor, pois “é o primeiro que debería dar exemplo ante os seus veciños”. Neste senso, tildan “de moi grave” este modo de actuar e dunha “irresponsabilidade persoal e política” as manifestacións coas que intentou xustificar a súa saída perante aos axentes da Garda Civil, dicíndolles que era o alcalde.

Lamentamos tal prepotencia”, afirman, “pois ata se pode interpretar esta contestación como un certo abuso do poder, pensando que por ser alcalde ten máis liberdade ou máis dereitos que o resto dos veciños”.

Para os populares que o rexedor volva acaparar titulares nos medios de comunicación por cuestións como a sinalada non é algo que lles sorprenda. Basta con lembrar, din, “o episodio producido na Deputación, no pasado mandato, e que tivo repercusión a nivel nacional”.

Por este motivo, piden incluso ao Partido Socialista e á súa dirección provincial que “tome cartas no asunto”, xa que os veciños e veciñas de Pol non merecemos un alcalde que só é noticia polas faltas de respecto dende os distintos cargos que ocupou e ocupa”. “Mentras todos estamos a facer un esforzo por seguir as recomendacións que indican as autoridades sanitarias, o socialista fai o que lle peta”, insisten.

Pensamos que fraco favor lle está a facer ás súas siglas alguén que insulta publicamente ou que, como pasou neste caso, se salta as recomendacións que fan as autoridades sanitarias. É un mal exemplo para o pobo, un mal exemplo para a cidadanía en xeral e un mal exemplo político”, subliñan.

Os populares rematan solicitando que “pida desculpas publicamente a todos os veciños, xa que mentres todos estamos a facer un esforzo extraordinario por cumprir co que nos din, este señor mira para outro lado, co conseguinte risco que isto supón para a saúde pública nestes momentos”, conclúen.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 26, 2020 - 04:01 PM

    Non é momento de andar, con estas tonterías. E o momento de arrimar o lombo e traballar. É si sae e que terá que saír a desemmpenhar a su función como alcalde que é?. Ou os vosos non saen

    Reply
  2. Tere Pacios
    Abr 25, 2020 - 09:32 PM

    Señor alcalde, señor alcalde. Ser alcalde non é un dos motivos recollidos no real decreto. Como non o foi no seo momento para a señora directora do medicamento que tamen pensou que eso ya deba dereito a todo. Pois noooooon.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com