" />

O PP pide a reunión urxente da Comisión de Festas

Continúa a polemica pola organizacion das festas do San Froilán e en concreto polo tema das casetas do polbo. O PP decía esta maña que “se o ano pasado o BNG boicoteou ás barracas, este ano a mala xestión e a falta de previsión está a pór en risco que haxa casetas do polbo”. Dende o PP interpretan que “non se pode poñer como excusas como a coxuntura económica e que os nacionalistas deberían ter escoitado a opinión do sector antes de que quedase deserta a primeira licitación”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez explica que “este descontrol nos contratos é, desgrazadamente, algo habitual na política de contratación deste bipartito” citando como outro exemplo a licitación da cafetería do vello cárcere que xa vai polo quinto concurso deserto”.
Vázquez lamenta “o ninguneo e o sectarismo do BNG cos membros da comisión recriminándolle que só houbo 1 reunión e existía o compromiso de voltar a xuntarse en xullo” destacando que “nin se da participación aos grupos da corporación, nin aos hostaleiros, nin á veciñanza en xeral” resumía.

Para os populares “é moi grave que a estas alturas esté no aire a instalación das casetas do polbo xa que é un dos principais reclamos das
patronais” polo que vén de solicitar unha reunión urxente da Comisión de festas.

Vázquez lamenta que “a pouco máis dun mes das festas estemos sen programa. Esta situación afecta á promoción das patronais”. A mellor
proba da desidia do bipartito témola na páxina oficial do San Froilán na que a última entrada corresponde a outubro do ano pasado”. Trátase
dunha publicación do 13 outubro de 2021 na que se recolle a valoración das festas da señora Ferreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo