" />

O PP pide ao Goberno que sinalice con máis seguridade o carril peonil da Ronda

Para o PP a peonalización dun carril da Ronda da Muralla de Lugo “foi unha boa táctica de urxencia para gañar, durante a etapa de confinamento do covid, máis espazo para os peóns”. Sen embargo, O voceiro popular,  Ramón Carballo,  reflexiona que “agora mesmo, unha vez superadas as primeiras fases da desescalada e co aumento de vehículos que a diario se rexistran na ronda, non se están garantindo os desprazamentos dos peóns”.

Os populares explican que os conos de plástico que separan “a zona peonil do carril do vial por onde circulan vehículos, non son os máis apropiados para asegurar a seguridade vial dos veciños que utilizan este paseo ao pé da muralla”. Os populares “queren saber durante canto tempo máis van a manter esta peonalización xa que consideramos que estes elementos, que se soen utilizar para advertir que hai unha zona de traballo ou un accidente, non son suficientes, nin os máis apropiados”.

Por ese motivo “pedimos que se sinalice con máis seguridade, incluso nas intereccións ou cruces deste carril con outras vías”.
O popular explicaba que “recibiron queixas de veciños por colas interminables, a diferentes horas do día e que, incluso, houbo problemas para que pasasen vehículos de emerxencia xa que os coches se viron obrigados a meterse dentro da zona reservada para peóns”.
Carballo espera que “o bigoberno recapacite e que unifiquen o proxecto de cidade para conseguir unha humanización harmónica e de futuro para Lugo”.

 

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Xosé Real
    Xuñ 03, 2020 - 12:17 AM

    Eu son repartidor…non fai falta dicir mais…😡

    Reply
  2. Avatar
    Javier Cabana Soengas
    Xuñ 02, 2020 - 10:18 PM

    A min que me deixen o carril como está, que para ir e volver todos os días a traballar na bicicleta está caralludo 😁

    Reply
  3. Avatar
    Morenovich Fouce
    Xuñ 02, 2020 - 07:32 PM

    Peonalización da ronda e aumento da frecuncia do transporte público.
    Habia por ahí nalgún caixón do concello un proxecto de tranvia para Lugo. Seguirá ali.

    Reply
  4. Avatar
    Marola Canto Arena
    Xuñ 02, 2020 - 07:27 PM

    Atasco

    Reply
  5. Avatar
    Maria GD
    Xuñ 02, 2020 - 05:47 PM

    que aproveiten o carril psra as bicicletas.hai que fomentar o uso da bicicleta como fan outros psises europeos

    Reply
  6. Avatar
    Mari Dominguez
    Xuñ 02, 2020 - 04:19 PM

    Todos los días retenciones.
    E a zona de Lugo que menos peons ten

    Reply
  7. Avatar
    Sarainha Chinaski
    Xuñ 02, 2020 - 01:25 PM

    Que peatonalicen TODA A RONDA xa!

    Reply
  8. Avatar
    JEloy Mendoza
    Xuñ 02, 2020 - 01:06 PM

    Ou quitan o trafico da ronda ,e deixan so bus urbano ou esperade qe cheguen os colexios e un carril so🤣🤣 🔥

    Reply
  9. Avatar
    Alberto Grandio Teijeiro
    Xuñ 02, 2020 - 12:49 PM

    Pois é moi sinxelo…prohíbense os coches!!!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo