" />

O PP pide liberar do pago da taxa de lixo e auga do segundo trimestre aos negocios que pecharon pola Covid-19

O Partido Popular quere que o goberno local de PSOE e BNG exima a hostaleiros, así como a autónomos ou Pemes
que pecharon os seus negocios por mor do Estado de Alarma , de pagar o recibo de auga e lixo do segundo trimestre deste ano. O vicevoceiro popular facía esta proposta logo de coñecerse que o goberno local de Lugo pasaba o cobro da factura do primeiro trimestre sen dar opción a aprazar esta operación o que causou gran indignación nos diferentes
sectores afectados.

Para os populares “este cobro sorpresa é unha proba da insolidaridade do goberno local cun sector, como é o da hostalaría lucense, ou do comercio de proximidade, moi afectado pola crise do coronavirus en vez de dárlles un respiro, e aprazar o abono desta taxa, cébanse con eles no peor momento”. “É unha falta de sensibilidade con moitos lucenses que teñen que estar dous meses coa persiana pechada dos seus negocios”.
Ameijide poñía como exemplo o caso de bares e restaurantes aclarando que a media dos recibos que pasaron ao cobro estaba en torno aos 400€, “ainda que hai establecementos que, polas súas dimensións, chegan aos 100 €”. Outra aportación dos populares, e que anunciaron elevarán ao pleno, co obxectivo de reactivar o sector hostaleiro de Lugo é a suspensión ata o verán de 2021 da taxa de terrazas e cadeiras”.

Os populares aseguran que ademáis de liberar desta taxa a bares e restaurantes solicitan que, tendo en conta as restriccións de aforo e as medidas de distanciamento social, moitos negocios verán reducidos os seus ingresos. Por este motivo dende o PP suxiren “que se lles dea un respiro e que “de forma temporal” poidan ampliar o espazo de ocupación, sempre e cando as circunstancias o permitan”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Luis Díaz
    Mai 07, 2020 - 02:58 PM

    Esa reivindicación tendría que hacerla el PP en toda España, pero como los ayuntamientos necesitan liquidez … ¿ qué tal si devuelven lo robado al país y ese dinero se reparte entre todos los ayuntamientos ?

    Reply
  2. Avatar
    Fina Fina
    Mai 07, 2020 - 02:46 PM

    Ahora q xa o cobraron! Eso debería ser antes. Ou van devolvelos?

    Reply
  3. Avatar
    J Eduardo Veiga
    Mai 07, 2020 - 01:42 PM

    Muuuuy de vez en cuanto acierta. Pero llega tarde, ya se va a hacer. lo bueno, es que no faltó a nadie para decirlo. Salud.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo