" />

O PP preguntará no Pleno da Deputación quen autorizou a Tragsa a usar a maquinaria de Suplusa sen permiso da sociedade

O grupo provincial do Partido Popular preguntará mañá no pleno ordinario da Deputación polo responsable que autorizou a Tragsa ao uso da maquiñaria de Suplusa sen o permiso da sociedade. Así o  explicaba esta mañá o voceiro da agrupación popular, Javier Castiñeira que se apoiaba en fotos, testemuñas e papis para acreditar estas denuncias. Castiñeira lembrou que o seu grupo xa fixera unha pregunta sobre este mesmo asunto “nun pleno pasado, no que a voceira do Partido Socialista non fora capaz de responder con concreción”. Os populares pretenden resolver estas dúbidas antes do pleno de disolución da sociedade urbanística, que terá lugar o vindeiro luns.

“Imos facer esta pregunta no pleno de mañá, porque son moitos cartos, é maquinaria de todo tipo, incluída maquinaria pesada: camións, tractores, desbrozadoras. Estamos a a falar de centos de miles de euros. Suplusa pagou os seus seguros e sigue pagando”. O portavoz popular avanzou tamén que o seu grupo pedirá ao Goberno principal que cuantifique o valor de todo o uso de máquinas e equipos. “Non se pode pechar Suplusa en falso e con estas cousas pendentes. No día de mañá faremos esas preguntas e esperamos que o goberno da Deputación nos aclare que responsable político deu esa orde sen autorización de Suplusa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo