" />

O PP presenta #FacendoCidade, unha campaña de proximidade para chequear os barrios e parroquias de Lugo

O voceiro do Grupo Popular no Concello de Lugo presentou esta mañá unha nova fase da campaña #FacendoCidade que a agrupación levará a cabo este semestre “intensificando” as visitas aos barrios e parroquias do municipio así como “as reunión con entidades do eido social e económico do municipio”.

“Percorreremos as máis de 650 rúas da cidade e as 54 parroquias do municipio e organizaremos encontros abertos á cidadanía en todos os distritos para dar voz aos veciños e escoitar as súas necesidades e problemas”. “O que queren os veciños é que os políticos non sexamos o problema senón a solución por iso dende o Grupo Popular reforzaremos a nosa presenza na rúa. Queremos que as comisións, plenos e xuntanzas de ámbito municipal sexan foro de debate das necesidades dos lucenses”, reflexionou Carballo.

O voceiro popular denunciou a situación do goberno “máis caro da historia, con 26 políticos e asesores a soldo dos lucenses”, engadindo que “agora que hai orzamentos non teñen excusas para demorar desperfectos do día a día, ou mellorar as prestacións municipais”.

“No PP cumprimos a folla de ruta que marcamos dende un principio. Ademáis de fiscalizar o traballo que leva a cabo o bipartito tamén somos un partido construtivo como así se demostra: presentamos casi unha iniciativa diaria”, matizaba Carballo que asegurou que “dos 12 rogos e das 105 preguntas” que presentaron ante o goberno local “había cuestións que nos trasladaron directamente os afectados. Ademais destas 127 iniciativas o PP trasladou 18 proposicións ao pleno no que levamos de mandato.

“Entre as propostas que fixemos contaron co visto e prace do PSOE e BNG estamos a falar de asuntos como a construción dun novo centro de saúde e dun novo pavillón polideportivo, dun sistema de rotación de vehículos ou o acondicionamento aparcamentos disuasorios así como a adhesión a Viogén. Esperamos agora que non quede en papel mollado e que, polo ben dos lucenses, cumpran con estes acordos do pleno”, concluía o popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo