O PP propón axudas alimentarias para celíacos con escasos recursos

O Partido Popular do Concello de Lugo propón un paquete de medidas para que os lucenses que sufren celiaquía ou outras intolerancias ou alerxias alimentarias vexan melloradas as súas condicións de vida. No caso da celiaquía “estamos a falar dunha problemática, cada vez é máis frecuente, e que en Lugo xa afecta a máis dun millar de persoas”.

A concelleira popular María del Carmen López Silva asegurou que “está demostrado que os cidadáns que padecen algunhas destas intolerancias (como os celíacos) gastan máis na cesta da compra porque o tratamento da súa enfermidade é seguir unha dieta estrita toda a súa vida”. “Por exemplo, segundo o informe anual de FACE (Federación da Asociaciones de Celíacos de España) no caso dunha persoa celíaca hai unha diferencia de gasto de 1.000 euros máis ao ano“, aclarou a edil.

Co ánimo de colaborar cos afectados pola celiaquía, así como coas persoas que padecen outras intolerancias ou alerxias, pedimos que “a administración local se poña as pilas para atender ao aumento enfermos que hai no concello”. “Aplaudimos, por parte do concello, a realización para os colectivos afectados de actividades festivo lúdicas como, por exemplo, merendas e chocolatadas sen glute, pero nós propoñemos ir máis alá e queremos que se faciliten solucións que minimicen as repercusións económicas que supón padecer esta enfermidade así como actuacións que melloren o seu día a día” explicou a concelleira.

María del Carmen López Silva manifestou que “a cifra de afectados en Lugo supera un millar e que o número de diagnosticados, segundo a Sociedade Española de Patología Digestiva, está aumentando nun 30% cada ano. Nese senso propoñemos que o pleno de Lugo apoie a seguinte batería de medidas de competencia local asi como peticións para reclamar sensibilidade con este colectivo a outras administracións”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com