O PP propón cambios nas ordenanzas para fomentar a progresividade nos comedores

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe á Mesa de Ordenanzas unha serie de puntualizacións para mellorar as ordenanzas de aproveitamentos da vía pública e á prestación do servizo municipal de comedor escolar.

A edil popular Isabel Devesa lembrou que o seu grupo permitiu, no pleno de maio, coa súa abstención a aprobación inicial de ambas ordenanzas pero manifestou que son susceptibles de mellora e que, con ánimo, a que non se retrase máis a súa aplicación urxe consensuar unha serie de cambios que favorecerán a rehabilitación e que garantizarán  o acceso xusto de todas as familias que o necesiten ao servizo do comedor municipal.

A edil propón unha bonificación para a ocupación da vía pública con medios auxiliares para as intervencións que fomenten a recuperación do patrimonio no recinto histórico así como extenderla a futuros ámbitos declarados Áreas de Rexeneración Urbana como a Milagrosa; e matiza que, ao igual que se fai co ICIO, estas bonificacións, poderíanse extender a outros ámbitos como núcleos rurais tradicionais polos que descorre o camiño de Santiago.

A concelleira popular Isabel Devesa lamentou que o goberno local siga sen favorecer a recuperación do patrimono con políticas que pulen a rehabilitación e a conservación do patrimonio, pois considera que sería “beneficioso para o interés xeral do Municipio establecer unha bonificación coa mesma contía que contempla o ICIO, tamén para intervencións de recuperación do patrimonio que precises medios auxiliares.

O espírito desta iniciativa, destaca Devesa, sería fomentar intervencións que redunden na mellora do parque inmobiliario así como na calidade de vida dos lucenses. Con respecto á ordenanza fiscal que regula a prestación do servizo municipal de comedor escolar nos centros de Educación Infantil e Primaria, o PP solicita a progresividade dos prezos. Devesa afirma que sería positivo “e máis xusto adoptar un modelo similar ao da Xunta de Galicia no que pagan menos os que menos poden”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo