O PP propón que sexan os políticos responsables os que paguen a indemnización da fábrica da luz

Os populares “apelan á responsabilidade do bigoberno e insisten en que a indemnización da fábrica da luz deben asumila os responsables desta desfeita. A única forma que ten a alcaldesa e o seu vicealcalde de demostrar que defenden os intereses dos veciños e as veciñas de Lugo é apoiar e dar cumprimento a esta iniciativa” explicou o popular.

Para Antonio Ameijide “é insultante que a alcaldesa intente desentenderse deste asunto escudándose nos técnicos ou ben en que descoñecía o que tiña entre mans”. O popular aclarou que “os técnicos advertírona, en diferentes momentos do proceso, ata o propio presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil envioulle unha carta (13 de outubro de 2016) na que lle lembraba, por terceira vez, que o concello obviaba os seus requirimentos de solicitude de prórroga provocando, co tempo, esta sentenza indemnizadora. Tamén houbo requirimentos por parte da empresa solicitando a prórroga da concesión e reunións presencias cos responsables.

O popular tamén manifestou que “dende o Grupo Popular pediuse actuar neste asunto de forma insistente así, en outubro do ano 2017, antes de que caducase o prazo de perda da concesión denunciamos que non acudían a reunións coa Confederación e que desoían aos seus requirimentos. En xaneiro de 2019 alertamos de que a incompetencia, a desidia e a neglixencia nos ía a condenar a unha indemnización millonaria indicando que tamén levamos 3 anos agardando que nos deixen entrar nestas instalacións”.

O PP de Lugo, tamén presentará ao pleno unha proposta sobre a fábrica da luz suxerindo que se faga un estudo das alternativas para recuperar este edificio “para o uso e goce dos lucenses”.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Xuñ 19, 2020 - 07:45 PM

    Os populachos, sempre picando co, bigoberno, recordolles que o PP esta gobernando con un, trifachito, que e moito peor. Coñoooopp

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com