O PP propón un plan de prevención, detección e intervención do absentismo escolar

O Partido Popular quere reforzar a prevención do absentismo escolar e que se mellore a coordinación das distintas instancias que configuran a comunidade educativa. O concelleiro popular Javier Vázquez afirma que “o Concello, como institución dinamizadora debe responsabilizarse nas medidas para reducir as cifras de absentismo, abandono escolar e a non escolarización para tentar así, acadar unha educación para todos os nosos menores no que se refire ao sistema
educativo que comprende dos 6 ata os 16 anos, onde a asistencia á escola é obrigatoria”.

Co ánimo de contribuir a atallar esta problemática dende o Partido Popular presentan unha iniciativa para debatir no pleno na que propoñen “a creación dunha Comisión municipal de absentismo escolar que avalie os factores que poderían influír neste tipo de conductas así como a redacción dun protocolo de absentimo escolar co ánimo de detectar os casos de absentismo, intervir nos mesmos e recuperar ao alumno absentista”.

Os datos que de alumnos que faltan reiteradamente a clases en Lugo son similares aos doutras grandes cidades galegas, no último curso académico de 2018-2019 rexistráronse unha trintena de casos o que avala a necesidade de adoptar novas medidas para conseguir unha cota cero de absentismo escolar no municipio de Lugo. Para combatir este fenómeno, según afirmou o edil popular Javier Vázquez, hai que prestar unha especial atención ao labor preventivo dende diferentes ámbitos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo