O PP quere que o nome do Auditorio de Magoi se elixa por consulta popular

O Partido Popular quere que o Auditorio de Magoi se bautice cun nome elidido de forma democrática e coa participación da cidadanía. Por este motivo pide a PSOE e BNG que organicen unha consulta pública cunha selección de nomes que acorden os grupos políticos da corporación en comisión de voceiros.

Na proposición que presentan os populares para debatir que se aprobe se procede esta consulta popular acóllese ao título II do artigo 4 do Regulamento Municial de Participación Cidadá no que se recolle que “o Concello poderá recolle-la opinión dos veciños a través de debates,
reunións, consultas, enquisas e sondaxes de opinión, segundo o procedemento que se acorde en cada caso.

O Grupo Popular “quere, con esta iniciativa, impulsar un proceso de participación cidadá, en base ao Regulamento vixente no municipio argumentando que a consulta popular lle daría un plus de lexitimidade ao novo nome”.

Dende as filas do PP insisten en que “sen desmerecer o papel de Fuxan os Ventos en prol da cultura galega, as formas coas que o BNG co silencio cómplice do PSOE, queren impoñer o nome non son de recibo”.

Os populares cren que ao BNG e ao PSOE cando gobernan cambian a súa forma de actuar e agora “lles escoce pedir opinión aos veciños e veciñas”. “Unhas veces inventan consultas que non existen como aquela de Rafael de Vega que nunca existiu para impoñer a peonalización na rúa e noutras ocasións quedan en boas intencións como o anuncio de Lara Méndez de chequear a opinión veciñal para dárlle un uso á fábrica da luz”.

Hoxe o PP pónlles en bandexa votar a favor de facer un exercicio democrático e pedir a colaboración de todos, non só dos que son do seu bando ou das súas ideas, para designar o nome do auditorio. Un voto en contra a esta iniciativa os deixaría retratados como uns “dictadores, autoritarios e sectarios”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com