O PP reclama iluminar rúas en penumbra para que sexan lugares seguros, incorporando a perspectiva de xénero

O Partido Popular solicita que se axilice a renovación da iluminación en rúas con déficit “co obxectivo de substituír as instalacións en mal estado que xa requirían un mantemento ou, que ben teñen un consumo elevado”. O concelleiro popular Rafael Pérez Prados lamenta “que o bigobierno presuma de mellora da iluminación pública cando hai moitas rúas con mala ou escasa iluminación”.

O popular tómalle a palabra ao vicealcalde e pídelle, como mínimo, “a mesma sensibilidade e grao de esixencia ao goberno local á hora de reclamar melloras na iluminación, do mesmo xeito que Arroxo pide ao goberno de España para emendar as deficiencias lumínicas nos accesos a Lugo”. Pola súa banda, Macamen López Silva explicou que “aínda que Lugo é unha cidade segura, hai puntos negros onde as mulleres non se sinten seguras porque están en penumbra e máis se cabe, agora, como consecuencia da pandemia onde moitos comercios pecharon o que reduce a actividade e, por tanto, a iluminación das beirarrúas”.

Por este motivo, a popular demanda que se realice un estudo da iluminación pública baixa a perspectiva de xénero “en aras a mellorar a percepción de seguridade e conseguir que os espazos públicos sexan lugares seguros para as mulleres así como para o resto de cidadáns”. “Non son tan importantes as estatísticas de denuncias policiais como a percepción subxectiva de que un espazo sexa seguro ou non o sexa”, destacou.

Os populares aseguran que “vivir nunha cidade é máis sinxelo cando se ten a iluminación adecuada” polo que consideran que “nos novos proxectos municipais que se presenten incorpórese a perspectiva de xénero”. “Unha boa iluminación é fundamental para mellorar a mobilidade” engadindo que “ ademais pode ser un gran reclamo para fomentar o turismo e o comercio mediante a creación de ambientes agradables”.

Desde o Partido Popular queremos que as rúas, as prazas e os parques sexan “lugares non discriminatorios nos que todos os cidadáns, incluídas as mulleres, sentan seguros, cómodos, visibles, protagonistas e partícipes da vida cotiá”

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Iván O'River
    Feb 05, 2021 - 08:41 PM

    Pasaronse un anaquiño baixando a exposición / brillo en Photoshop por o resto totalmente de acordo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com