O PP reivindica o Camiño como “elemento económico tractor na provincia”

Os candidatos ao Congreso e o Senado, Jaime De Olano, José Manuel Barreiro e Rosa Arza, acompañados do conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, puxeron en valor este domingo a importancia do Camiño como “elemento económico tractor da provincia”. Así o trasladaron a hostaleiros dos municipios polos que discorre a ruta francesa, no marco dun encontro organizado polo PP, co fin de recoller as propostas deste colectivo e mellorar así a actividade que desenvolven se acadan a confianza dos españois nas eleccións do 28 de abril.

Os populares destacaron a importancia de que tanto a iniciativa privada como a pública traballen conxuntamente para aumentar a calidade e consolidar esta iniciativa como un elemento dinamizador da economía local durante todo o ano. Precisamente, o rexedor de Portomarín, Juan Serrano, que exerceu como anfitrión, explicou as actuacións que se están a levar a cabo en clave municipal e que permiten que “pasemos do concepto de albergue a hotel de calidade”. Tal é así que, na actualidade, esta localidade ten a ratio máis alta de Galicia en camas abertas. Conta con 1.700, o que demostra, indicou Serrano, que todo o que xira entorno a este recurso turístico supón “unha industria xeradora de emprego”.

O Camiño Francés rexistra o 60% dos peregrinos e, en total, son 120 os concellos que se inclúen nalgunha das rutas. A Santiago chegan peregrinos de 178 países; o que, en palabras do conselleiro, pon de relevo que este recurso é “a galiña dos ovos de ouro de Galicia”.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos López Rod
    Abr 15, 2019 - 10:13 AM

    Por iso van a asfaltar todo o camiño para que se poida ir en zapatillas

    Reply
  2. Avatar
    Marcos Somiedo
    Abr 14, 2019 - 11:01 PM

    Que incultos que somos. Están arrasando con el e veñen vender a moto do motor económico. Estano levando á ruína coas obras de “mellora”, a ver se a UNESCO vos pon no voso sitio. Hai que ternos por ignorantes… E os “albergues e hoteis” para os amigos, o negocio é para uns poucos. Ridículo absoluto

    Reply
  3. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Abr 14, 2019 - 09:55 PM

    A que viñeron, barrer o camiño? Facer a foto, e dicir, o ridículo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo