O PP reta ao PSOE a retirar o seu apoio a Lara Méndez por rexeitar integrarse en VioGén

O Grupo Popular acusa ao PSOE de “falta de coherencia política” por criticar e politizar a situación que ten o concello de Ourense con respecto ao VioGén cando en Lugo, un municipio gobernado por unha alcaldesa socialista, rexeitou adherirse a este protolo de Violencia de Xénero.

O vicevoceiro popular explicou que a integración no VioGén abordouse en varias Xuntas Locais de Seguridade pero que a alcaldesa “nunca tivo vontade en sumarse a este programa que foi asinado pola FEMP sendo Ministro de Interior o socialista Rubalcaba”. Antonio Ameijide lembrou como o Grupo Popular pediu publicamente, en reiteradas ocasións, a adhesión sen éxito a este protocolo.

Antonio Ameijide critica que o Partido Socialista cuestione “a sensibilidade con esta problemática doutros rexedores cando os seus dan a espalda a sumarse a esta ferramenta que permite que a Policía Local colabore co resto dos corpos de seguridade do Estado para protexer ás vítimas de Violencia de Xénero”.

O vicevoceiro popular tomaba a palabra a Caballero e “dada a gravidade que asegura, o socialista, ten o caso de Ourense” lle reclama que adopte a mesma vara de medir co concello de Lugo e por tanto “pida responsabilidade á súa alcaldesa”. “O mínimo que debe ter un político é unidade de criterio e coherencia, algo do que a todas luces, o PSOE carece en todos os niveis”.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Out 18, 2019 - 01:54 PM

    A ver Xornal de Lugo , calquera “cousiña” deste rapaz , non e de interese pa que lle dedes tanto protagonismo tantas veces .

    Reply
    • Walter Torrón Fouz
      Out 18, 2019 - 02:27 PM

      Si la “cousiña deste rapaz” es tal cuál la explica, de “cousiña” tiene poca cosa, e importancia la tiene y mucha. No veo justificación para no adherirse a cualquier medida que pueda servir para combatir la violencia de género.

      Reply
    • Luis Díaz
      Out 18, 2019 - 03:15 PM

      Walter Torrón Fouz , no seré yo quien rechace cualquier ley que ayude a erradicar la lacra de la violencia de género , lo de “cousiña” no es más que una forma de llamar a tanto “interés” y tanta “preocupación” que tienen los del PP en lo social , si saquearan menos al país , habría más dinero para sacar adelante muchas leyes sociales , incluyendo la de violencia de género , menos palabritas , menos lacitos y más presupuesto y más implicación política . y sí , el “rapaz” mediáticamente , intenta dejarse ver mucho , tranquilos , llegará a diputado , si los onubenses del PP hicieron diputado al misionero evangelista Juan José Cortés , no le quepa duda que en cuanto lo pongan en lista , los lucenses del PP harán diputado al “rapaz” , méritos se está labrando .

      Reply
    • Walter Torrón Fouz
      Out 18, 2019 - 04:26 PM

      No están Ameijide y el PP entre mis admirados precisamente, pero creo que esto tampoco debe impedir ver las hipocresías del PSOE, ese partido que de corrupción va muy bien servido también y en cuanto a lo social, por poner un ejemplo de su sensibilidad, se dedica a criticar las reformas laborales del PP… hasta que después gobierna y no las deroga.

      Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com