O PP solicitalle ao goberno municipal consensuar un código ético e non partidista para a web do concello

O Grupo Municipal do Partido Popular acolléndose á boa disposición que pregoa o Grupo Socialista  solicita  que a alcaldesa, Lara Méndez,  mande que se “retiren as novas con mensaxes partidistas da web municipal.”

Ana López Pombo indicou que “o goberno local debería mentalizarse de que ten nas súas mans unha canle municipal onde non teñen cabida as mensaxes partidistas”. A edil popular subliñou que “a web municipal é para informar aos cidadáns non para adoctrinalos” insistindo en que  “hai que evitar que este medio de comunicación institucional se use en beneficio dun partido político”.

Nese senso a popular invitou á alcaldesa a cumprir os acordos plenarios de dúas iniciativas do PP dos anos 2004 e 2014. Entre outros puntos, ambas iniciativas tiñan por obxecto redactar un texto consensuado por todos os grupos políticos representados na corporación coas normas básicas de funcionamento da web. “É só cuestión de vontade política”, matizou Ana Sánchez Pombo, “a señora Lara Méndez só ten que convocar unha comisión e consensuar con todos os grupos da oposición un código ético de mínimos para evitar que a web municipal esta ao servizo dun partido político”.

A petición da edil do PP xurde logo de detectar que nestas primeiras semanas de mandato se están a publicar novas que atacan de forma directa ao partido maioritario da oposición. Ana Lopez Pombo aclarou que “cada partido xa conta coas súas canles propias para lanzar as súas mensaxes políticas polo que cuestiona o uso da web municipal para colgar este tipo de informacións”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com