O PP sorteará unha cesta solidaria entre os seus afiliados e colaboradores

O presidente do PP local Ramón Carballo reunirá o vindeiro mércores 19 de decembro “ao activo máis valioso que ten a organización para poñer en marcha un Lugo de oportunidades e de futuro: os nosos afiliados e simpatizantes”. O popular manifestou que “esta xuntanza informal é un recoñecemento colectivo do traballo que a base do partido vén desenvolvendo día a día no seu ámbito familiar, de traballo e na rúa”. Carballo afirmou que “é unha persoa que cre na forza do equipo” e que convoca este evento, coincidindo co Nadal, para agradecer a todos os que se están implicando na confección do modelo de cidade coas súas achegas e suxestións”.

Os afiliados e simpatizantes que se sumen a este acto participarán nun sorteo dunha cesta solidaria valorada nuns 200 euros que contén produtos navideños do comercio local e tamén con pezas e traballos elaborados por 25 entidades que desenvolven a diario un labor fundamental para a integración no noso municipio.

A maior parte dos produtos foron adquiridos na Feira de Diversiarte que hoxe mesmo se clausura. Carballo puntualizou que “a finalidade desta iniciativa é contribuír a visibilizar o traballo que realizan estas entidades do ámbito social salientando a súa gratitude e admiración pola actividade que fan para mellorar a calidade de vida de moitos lucenses”.

Nesta xuntanza de confraternidade está prevista a participación da Presidenta Provincial, Elena Candia, así como doutros cargos do partido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo