" />

O PP tilda de “exemplo de falta de rigor” as obras e mudanza dos servizos da Deputación ao Fogar de Santa María

O Partido Popular da Provincia vén de revisar toda a documentación relativa á contratación das obras e a mudanza dos servizos administrativos da Deputación ao Fogar de Santa María. Segundo os populares, este procedemento foi “un exemplo de falta de rigor na súa programación”, din, xa que se retrasou uns dous anos e “tivo un considerable incremento de custos con respecto ás previsións iniciais”.

Como punto final, para os desaxustes do procedemento advertidos polos populares, o traslado das distintas dependencias da Deputación que se asentarán en Santa María, pode chegar a custar ata 54.000 euros, segundo as condicións fixadas polo goberno provincial para a contratación destes traballos. O grupo provincial popular considera “moi chamativa” a cantidade e di que unha parte das tarefas de traslado poderían ser asumidas por servizos propios da Deputación, que conta con persoal e vehículos para levalas a cabo.

O deputado popular Óscar Poy revisou esta mañá o expediente da contratación da mudanza a Santa María e di: “Realmente é un punto final apropiado para o desbaraxuste que foi todo o relacionado coa reforma deste complexo, debido a deficiente xestión levada a cabo polo goberno presidido polo socialista José Tomé”.

Poy opina que “o goberno provincial fala moito de facer as cousas con medios propios, pero á hora da verdade contrata todo o que pode. No caso da mudanza a Santa María, seguramente haberá algunhas cousas que sería necesario encargar a unha empresa, porque pode ter algúns medios dos que careza a Deputación, pero estou totalmente convencido de que unha parte importante poderían asumila os servizos da Deputación, entre eles o Parque Móbil”.

Segundo as condicións fixadas, o prazo máximo para o traslado é de dous meses, salvo para o servizo de Recadación, que é dunha semana.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Xuñ 16, 2021 - 04:32 PM

    ¡bo!

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo