O PP tilda de “frívola” a chocolatada con Dj da inauguración da pasarela sobre a N-VI

O Partido Popular non participou este sábado da inauguración da nova pasarela sobre a Nacional VI na que o Concello de Lugo gastou en torno ao millón de euros, provintes, en parte, de fondos europeos. O motivo de que os populares non acudiran á apertura desta instalación é que lles pareceu “unha falta de respecto” á veciñanza a festa que o equipo de goberno “montóu para o seu propio autobombo”. “É absurdo festexar un despilfarro de fondos europeos con outro despilfarro máis”, consideraron os populares que xa anunciaron que pedirán acceso ás facturas deste evento”.

O PP leva meses criticando que “o PSOE, co beneplácito do BNG, gastase un millón de euros nesta pasarela cando, pegada a esta infraestrutura xa existen dúas alternativas, en menos de 300 metros que salvan a nacional, un deles a menos de 5 metros, máis cómodo e seguro”.

Asemade, os populares insisten, dende fai anos, en que se acondicione o paso subterráneo nas inmediacións do Anxo Carro, á altua do hostal San Lázaro e, tamén figurama como unha das condicións do plan de inversións que en 2014 o PP aproubou co PSOE.

Os populares temen que “de agora en diante veremos por duplicado máis chocolatadas e comparsas carnavalescas: as da alcaldesa como protagonista competindo coas do seu vicealcalde”.

Para rematar, os ediles do PP denuncian que a “deriva egocéntrica e de prepotencia” da rexedoa reflíctese na orde que deu de “facer desaparecer o logotipo do Concello de Lugo dos actos oficiais substituíndoo polo de Alcaldía”. O PP considera este un xesto claro de que “a alcaldesa antepón a súa imaxe á da institución que representa e usa o Concello como se fora o seu cortixo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com